SALVATERRA DE MIÑO
A Xunta inicia as obras de mellora da intersección entre a PO-399 e a PO-510 en Salvaterra
A intervención do Goberno autonómico nesta estrada conta cun investimento de 40.000 euros e un prazo de execución estimado de 2 meses
A Xunta vén de iniciar as obras de mellora da intersección da PO-510 e PO-399 no Concello de Salvaterra, co obxectivo de mellorar a seguridade viaria nesta zona. Así o comprobou hoxe o delegado territorial, Ignacio López-Chaves, quen se desprazou ata o municipio pontevedrés para comprobar de primeira man o inicio dos traballos.
Na visita, na que estivo acompañado polo alcalde de Salvaterra, Arturo Grandal, e o xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, López-Chaves sinalou que os orzamentos autonómicos para 2019 incrementan nun 29% os fondos destinados a actuacións de mellora na seguridade viaria.
O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, sinalou durante a visita que a seguridade viaria sempre foi una prioridade para a Administración autonómica
En canto á intervención programada na intersección existente entre a PO-339 (pq 1+70) e os ramais de saída e entrada á PO-510 (pq 9+600), en Souto-Grubenla, contemplan a execución dunha glorieta coa finalidade de ordenar os movementos de tráfico no cruce.
Asemade, ampliarase a lonxitude das cuñas de saída e incorporación á PO-510 para mellorar a seguridade nestas manobras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21