Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 20 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Veciñas e veciños da Vaquería, en Budiño, cortarán o tráfico na estrada PO-510

Piden a Xunta a mellora da sinalización dunha ‘isleta’ central e pasos peonís para poder cruzar e xirar entre os quilómetros 2,200 e 2.600

Veciñas e veciños do barrio da Vaquería, en Budiño, realizarán cortes de tráfico na estrada PO-510, para esixir, de novo ao Goberno de Galicia, que atenda as súas reivindicacións e que se deseñe unha ‘isleta’ central e pasos peonís entre os quilómetros 2,200 e 2,600.


Así o decidiron o pasado xoves nunha xuntanza, á que acudiu  o tenente de alcalde, Manuel Carrera, e na que aprobaron solicitar permiso para realizar ese corte de tráfico todos os mércores-empezando polo vindeiro, o día 21 de novembro- de 1 a 1 e media da tarde, e denunciar, de novo, que o barrio está dividido por unha liña continua na estrada que fai imposible aos coches xirar para chegar ás casas  ou negocios e cruzar aos peóns que, ante o perigo que supón teñen que andar máis de un quilómetro.


A alcaldesa, Eva García de la Torre, que non puido achegarse ata a Vaquería, reiterou todo o seu apoio a esta reivindicación e lembrou que “hai xa máis de 6 meses que os responsábeis da Xunta comprometéranse a estudar á proposta dos habitantes desta parte do Porriño para rematar con esta situación e ata hoxe non deron sinais de vida”.


Os veciños amosaron o seu desexo de que na mobilización do vindeiro mércores haxa representantes de todos os grupos políticos do Concello, “porque este é un tema que afecta a toda a veciñanza, que divide a familias e no que temos que estar todos esixindo unha solución que ten que tomarse xa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.