TUI
O alcalde de Tui solicita á ministra de Política Territorial que se execute o proxecto de desentullo de Paramos
O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu unha carta á ministra de Política Territorial e Función Pública, Meritxell Batet, na que solicita que o seu ministerio proceda á xestión oportuna para executar o proxecto de desentullo da zona de cero de Paramos mediante unha encomenda de xestión á empresa Tragsa.
O rexedor apunta a que realiza esta petición de acordo co artigo 11 da Ley 40/2015, de 1 de outubro, de Régimen Jurídico del Sector Público, para "paliar os danos ocasionados" na explosión ocorrida o 23 de maio, apuntando para esta contratación a razón de "eficacia e dada a insuficiencia de medios municipais para dar axeitada satisfacción" ás necesidades existentes. Tamén da conta de que "a través da encomenda de xestión é como mellor se podería satisfacer a urxencia que existe para a realización destes traballos.
Na misiva o alcalde de Tui lembra as cartas anteriores enviadas á ministra despois da catástrofe do 23 de maio en Paramos, e ao proxecto de desentullo que o 10 de setembro entregou una subdelegación do Goberno.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122