MOS
Xornada de recollida de alimentos para os gatos abandoados de Mos
Hoxe no supermercado Gadis das Angustias, Sanguiñeda
IMAXE: de arquivo dunha xornada de recollida anterior.
A campaña municipal de concienciación sobre as colonias de gatos abandoados continúa co seu labor de recollida de alimentos cunha xornada de doazón no supermercado Gadis, sito en As Angustias, Sanguiñeda, que terá lugar hoxe sábado 17 de novembro. A entidade ‘Gatiños de Mos’ fará a recollida de alimentos para os animais das colonias do municipio ao longo de todo o día.
A recollida realizarase ininterrumpidamente ata o peche do devandito supermercado, onde os interesados en doar alimento para gatos poderán depositar a súa contribución.
Ademais de colaborar con aportacións de alimento, quen así o desexe poderá apoiar esta campaña doutros xeitos tales coma: facéndose fogar de acollida, adoptando un gatiño e/ou colaborando como voluntarios/as.
No punto de recollida de alimentos establecido para o sábado no Gadis tamén se pode depositar para a súa doazón calquera outro produto para o coidado dos felinos (tales coma pipetas, etc.).
Esta campaña conta coa inestimable colaboración e participación de protectoras e voluntarios, sen os cales non tería sido posible poñer en marcha esta campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa baixo o lema ‘Ti decides, esteriliza’.
Os obxectivos desta campaña son a recollida de alimentos e produtos de coidado, a esterilización, adopción e acollida temporal dos gatos das colonias existentes en Mos.
A iniciativa inclúe tamén unha parte de sensibilización mediante o reparto de dípticos informativos. A campaña de esterilización está a ser realizada por parte do Concello.
Esta campaña consiste fundamentalmente en tratar de concienciar á cidadanía sobre as colonias de gatos abandoados e da necesidade de esterilizalos e alimentalos para que vivan nunhas condicións óptimas e salubres e para ter as colonias controladas, sen que aumente o número de membros nin se formen outras novas.
IMAXE: de arquivo dunha xornada de recollida anterior.A campaña municipal de concienciación sobre as colonias de gatos abandoados continúa co seu labor de recollida de alimentos cunha xornada de doazón no supermercado Gadis, sito en As Angustias, Sanguiñeda, que terá lugar hoxe sábado 17 de novembro. A entidade ‘Gatiños de Mos’ fará a recollida de alimentos para os animais das colonias do municipio ao longo de todo o día.
A recollida realizarase ininterrumpidamente ata o peche do devandito supermercado, onde os interesados en doar alimento para gatos poderán depositar a súa contribución.
Ademais de colaborar con aportacións de alimento, quen así o desexe poderá apoiar esta campaña doutros xeitos tales coma: facéndose fogar de acollida, adoptando un gatiño e/ou colaborando como voluntarios/as.
No punto de recollida de alimentos establecido para o sábado no Gadis tamén se pode depositar para a súa doazón calquera outro produto para o coidado dos felinos (tales coma pipetas, etc.).
Esta campaña conta coa inestimable colaboración e participación de protectoras e voluntarios, sen os cales non tería sido posible poñer en marcha esta campaña de control de colonias de gatos sen dono na rúa baixo o lema ‘Ti decides, esteriliza’.
Os obxectivos desta campaña son a recollida de alimentos e produtos de coidado, a esterilización, adopción e acollida temporal dos gatos das colonias existentes en Mos.
A iniciativa inclúe tamén unha parte de sensibilización mediante o reparto de dípticos informativos. A campaña de esterilización está a ser realizada por parte do Concello.
Esta campaña consiste fundamentalmente en tratar de concienciar á cidadanía sobre as colonias de gatos abandoados e da necesidade de esterilizalos e alimentalos para que vivan nunhas condicións óptimas e salubres e para ter as colonias controladas, sen que aumente o número de membros nin se formen outras novas.






































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104