Lunes, 02 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 21 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

O BNG denuncia o "perigo da ponte de madeira" no paseo do Río Louro

Asguran que "a humidade faina moi esvaradía"

Os nacionalistas d Mos denuncian que os usuarios do paseo do río Louro “vense obrigados a facer equilibrios para non sufrir un accidente cando cruzan a ponte de madeira do parque da Pesqueira”, na parroquia de Mos. O BNG leva anos “denunciando a situación e o Goberno do PP é incapaz de atopar unha solución e garantir a seguridade de todas as persoas que cada día pasan polo lugar” sinalan.

 

“A superficie da ponte é moi esvaradía cando hai humidade e cando a madeira está mollada os usuarios teñen que agarrarse como poden ás varandas para non caer. A ben seguro que hai empresas agardando por unha chamada para solucionar o problema, pero de momento nada se fixo dende o Concello” explican.

 

 Miguel Anxo Aldea Moscoso, Portavoz do grupo municipal do BNG, sinala que “logo de gastar en novas instalacións e saír na prensa anunciando obras que non comezan, o Goberno do PP volveu amosar a súa incompetencia para solucionar os problemas reais da veciñanza”. O grupo municipal do BNG reclama que “se tome en serio o mantemento de todos os bens do Concello, que se pense menos nas eleccións e máis no día a día das persoas”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.