Lunes, 13 de Octubre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
Oia

Oia recibe unha nova achega do Plan Concellos por preto de 45.000 euros

O deputado provincial Carlos López Font ven de informar da aprobación, mediante unha Resolución presidencial, dun novo investimento a Oia ao abeiro do Plan Concellos por un total de 44.385,55 euros. Trátase dunha axuda que se destinará á pasarela peonil colgante en Acevedo.

 

Ademais desta cantidade, o Goberno provincial ao través do Plan Concellos xa adxudicou anteriormente varias axudas para o municipio. En concreto, 205.180,98 euros na liña 1 destinados a financiar a mellora da accesibilidade do centro social cultural de Pedornes; a actuación integral de camiños de Viladesuso, Mougás e Santa María de Oia; o subministro de sinalización vertical; o acondicionamento de espazo exterior para eventos no centro cultural de Pedornes; a actuación integral no camiño de Refoxos; a reforma de parques infantís en Mabia, Torroña e Acevedo; o subministro de maquinaria e material diverso, e o subministro de cisterna.

 

No que corresponde á liña 2, a Deputación de Pontevedra adxudicou 42.062,92 € para financiar os concertos de verán e os gastos de limpeza de edificios municipais. E tamén, outros 99.899,44 € foron destinados á financiación da contratación de 9 traballadoras e traballadores que están a desempeñar funcións no concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos 2018.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.