Galicia acollerá os vindeiros 27 e 28 de novembro o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, que reunirá a todos os axentes implicados na Compra Pública de Innovación (CPI) a nivel internacional, convertendo así á Comunidade galega no epicentro do intercambio de coñecemento entre España e América neste eido e posicionándoa como referente internacional na materia. Ademais, permitirá ás empresas innovadoras contar cunha nova fiestra de oportunidade para achegar a súa xestión en innovación a clientes públicos a nivel internacional. O evento terá lugar na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e xa está dispoñible o programa completo e o formulario de rexistro no enlace http://gain.xunta.gal/artigos/353/i+foro+iberoamericano+compra+publica+innovadora+innovacion+aberta.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.