Lunes, 02 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 20 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O BNG presenta a súa iniciativa "contra o macroproxecto do Celta"

O deputado Luís Bará reclamará no pleno deste mércores, 21 de novembro, a retirada da proposta de modificación da Lei do Solo

O BNG presentará no Parlamento Galego a súa iniciativa contra o macroproxecto do Celta este próximo mércores, 21 de novembro. O deputado Luís Bará reclamará no pleno a retirada da proposta de modificación da Lei do Solo que a Xunta coou na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2019, "coa que se pretende legalizar a expropiación dos terreos e posterior privatización para a construción da cidade deportiva e o centro comercial" segundo sinalan nun comunicado emitido dende o BNG de Mos.

 

Na iniciativa parlamentaria, o BNG insta tamén á Xunta a "rexeitar a autorización da modificación do Plan Xeral de Mos para evitar unha desfeita social, ambiental e económica e solicita unha moratoria na autorización de macrocentros comerciais". Luís Bará pedirá "explicacións", ademais, "sobre o procedemento seguido polo Goberno Galego, que ofreceu apoio público a un proxecto privado e de carácter lucrativo promovido por unha empresa privada".

 

 

 

 

O BNG de Mos participará na concentración convocada para o próximo venres na praza do Concello

 

 

 

 

Apoio á concentración do venres

O BNG de Mos trasladou "unha invitación para asistir ao pleno do mércores en Santiago aos representantes das comunidades de montes e as traídas de augas afectadas". Ademais, o Consello Local anunciou o seu "apoio á concentración convocada para este venres ás 20:00 horas na Praza do Concello de Mos, convocada pola Comunidade de Montes de Tameiga e as Comunidades de Augas de Casal-Tameiga, Petelos-Tameiga, Montebaixiña e Sanguiñeda".

 

Dende a presentación do proxecto, o BNG amosou a súa "oposición frontal á construción dunha cidade deportiva e unha gran superficie comercial nos montes de Cela, Pereiras e Tameiga. O compromiso medioambiental, a defensa do comercio local e os dereitos da veciñanza son cuestións prioritarias" para a formación nacionalista.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.