O Rosal
Concerto de Santa Icía da Agrupación Musical do Rosal
O 24 de novembro ás 20.30 h
A Agrupación Musical do Rosal leva preparando dende comezos do outono o programa que é un dos concertos máis especiais do ano. A banda abrirá a velada coa música do pasodobre “Athênaeum” do alacantino Enrique Alborch, un pasodobre composto no seu día para unha conmemoración e que servirá de celebración da súa patroa Santa Icía. Seguidamente, presentarán, como cada ano, aos novos compoñentes, que acollen “con moita ilusión despois de velos medrar nas nosas aulas”.
“Finlandia”, do compositor Jean Sibelius será a primeira das obras que soarán a continuación. Trátase dun poema sinfónico composto a principios do século XX como homenaxe do autor ao seu país natal. Dende os primeiros compases, escuros e turbulentos, ata o grandioso final, describe as tribulacións do pobo finés no seu paso da opresión rusa á autonomía e a liberación.
A continuación interpretarán “Saga Cándida” do compositor belga Bert Appermont, que é unha selección a partir do musical do mesmo autor orixinal para banda (“Seed of Satan”, ou “A semente de Satán”), no que se retrata unha caza de bruxas. A suite que interpretamos está estruturada en 7 movementos nos que se ilustran as distintas escenas do musical.
Continuarán o programa cunha das grandes obras da literatura bandística: “Diversions”, do compositor inglés Philip Sparke. Trátase dunhas variacións para banda de gran elaboración sobre un tema popular suízo, tema que podrerá escoitarse interpretado polo saxofón alto case ao principio da obra, despois dunha maxestuosa introdución.
E para dar remate contarán coa presenza do trompetista internacional Rubén Simeó, que interpretará como solista coa banda a "La Virgen de la Macarena" de Charles Kofe, ademáis de acompañarnos durante todo o concerto no escenario.
A velada festiva terminará cunha cea-baile no Restaurante Juan na que participarán músicos, socios, familiares e simpatizantes da Agrupación Musical do Rosal.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136