A Xunta prevé crear 12.000 empregos ata 2020 con este plan enerxético
Galicia aposta pola eficiencia e o impulso ás renovables
Prevese que Galicia poida aforrar 150 millóns con iniciativas como o desenvolvemento dos ecobarrios, os plans de aforro na Administración autonómica ou as liñas de axudas ao aforro para reducir o consumo enerxético en fogares e empresas
Contémplase sumar 700 MW máis de enerxía eólica. /SuperStock
A recente aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia 2020, na súa aposta pola eficiencia e o impulso das enerxías renovables, significarán un investimento público-privado de máis de 3.000 millóns de euros.
Este importante investimento buscará conseguir un dobre fin: mellorar a calidade de vida dos galegos, con custos enerxéticos máis reducidos e unha mellor calidade na subministración; e facer aínda máis competitivo o tecido empresarial galego, apostando pola eficiencia e as enerxías renovables; favorecendo así a loita contra o cambio climático e o impulso da economía verde.
Estes retos agruparanse en sete ámbitos: impulsar as renovables, mellorar a eficiencia enerxética, incentivar a mobilidade sustentable, rebaixar a dependencia enerxética, mellorar a calidade da subministración, seguir apostando pola innovación e mellorar a información dos consumidores.
Así, no campo das renovables, prevese un investimento de 1300 millóns ata 2020, que permitirá instalar máis de 1200 MW, dos cales máis de 1000 MW serán para producir enerxía eléctrica a través da eólica, hidráulica, biomasa e fotovoltaica; e os outros 200 MW corresponden a enerxía térmica, a través da biomasa, a solar térmica, a xeotermia e a aerotermia.
Aforro
Respecto a eficiencia enerxética, prevese que Galicia poida aforrar 150 millóns, con iniciativas como: o desenvolvemento dos ecobarrios; os plan de aforro na Administración autonómica; ou as liñas de axudas ao aforro enerxético en fogares e empresas. E, no referente á mobilidade sustentable, contémplase impulsar a renovación do parque de vehículos e estender o uso do vehículo eléctrico na mobilidade urbana; así como avanzar na implantación do gas como combustible para transpórteo pesado, tanto terrestre como marítimo.
O obxectivo é aforrar 150 millóns ao ano, baixar o consumo un 4% e que entre o 85% e 90% de enerxía eléctrica sexa de renovables
Gas natural
Así mesmo, con este documento preténdese que a porcentaxe de poboación con acceso a gas natural pase do 67% actual ao 82% da poboación, aos que se sumarán 37 concellos e 20 polígonos con gasificación; que comece o deseño e construción das infraestruturas necesarias para o ‘hub’ de gas natural licuado en Ferrolterra; que se modernicen os equipamentos da subministración eléctrica; e que aumente a competencia no sector dos hidrocarburos.
Por outra banda, a través da innovación lograrase mellorar a eficiencia enerxética, especialmente na industria. E, no campo da defensa dos consumidores, as directrices prevén que mellore a información á disposición dos usuarios para elixir o seu provedor de enerxía.
Convén lembrar que algúns dos obxectivos que marca Europa xa foron alcanzados. Non en balde, o obxectivo de consumo de enerxía final de orixe renovable para 2020 é do 20%, pero na Comunidade galega xa é do 38%.
Entre os obxectivos marcados para 2020 atópanse: unha redución do 4% da enerxía total consumida en Galicia; que entre o 85% e o 90% da enerxía eléctrica e o 34% do consumo en calefacción e refrixeración veña de fontes renovables; que o 35% do consumo de combustible para uso térmico proveña da biomasa; e que se reduzan as emisións de CO2 en 4 millóns de toneladas.
Investimentos nos últimos anos
Nos últimos 9 anos investíronse en Galicia un total de 2.750 millóns de euros no sector enerxético coa instalación de 780 MW en enerxías renovables, a posta en marcha de máis de 5.000 caldeiras de biomasa e a gasificación de 30 concellos e 23 polígonos empresariais.
Contémplase sumar 700 MW máis de enerxía eólica. /SuperStockA recente aprobación das Directrices Enerxéticas de Galicia 2020, na súa aposta pola eficiencia e o impulso das enerxías renovables, significarán un investimento público-privado de máis de 3.000 millóns de euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217