ESPECIAL ENERXIA
Mobilidade eléctrica e gas natural permitirán aforrar 162 m€ ata 2020
A través das Directrices Enerxéticas búscase profundar no transporte limpo para reducir en case 400.000 toneladas a emisión de gases contaminantes
Contémplase impulsar a renovación do parque de vehículos e estender o uso do vehículo eléctrico na mobilidade urbana.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembraba a finais de outubro, na chegada da primeira etapa da II Volta a España en vehículo eléctrico que, a través das Directrices Enerxéticas de Galicia, búscase profundar no transporte limpo, potenciando a implantación do vehículo eléctrico e introducindo o gas natural como combustible para o transporte marítimo ou pesado. Isto permitirá, lograr un aforro económico de 162 millóns de euros ata 2020 e reducir en case 400.000 toneladas a emisión de gases contaminantes.
Francisco Conde destacaba esta iniciativa apuntando que demostra que este tipo de mobilidade é xa unha alternativa real para moitos consumidores. Así, as matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia creceron máis do dobre que no mesmo período de 2017, e tamén as de vehículos híbridos, que supoñen un 31,8% máis que o pasado ano. En total, no que vai de 2018, Galicia conta con 2.000 vehículos matriculados entre eléctricos e híbridos.
As matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia creceron máis do dobre que no mesmo período de 2017
Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria felicitou a Endesa por organizar un evento que trata de dar visibilidade ás vantaxes da mobilidade eléctrica, o que, segundo apuntou Conde, deixa constancia do seu compromiso coa sustentabilidade, a innovación, o medioambiente e o cambio climático.
Estes mesmos compromisos, tal e como lembrou o conselleiro, están recollidos nas Directrices Enerxéticas de Galicia, que teñen como obxectivo impulsar a transición enerxética en Galicia de forma progresiva e sustentable, apostando polas enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a mobilidade eléctrica.
Contémplase impulsar a renovación do parque de vehículos e estender o uso do vehículo eléctrico na mobilidade urbana.O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, lembraba a finais de outubro, na chegada da primeira etapa da II Volta a España en vehículo eléctrico que, a través das Directrices Enerxéticas de Galicia, búscase profundar no transporte limpo, potenciando a implantación do vehículo eléctrico e introducindo o gas natural como combustible para o transporte marítimo ou pesado. Isto permitirá, lograr un aforro económico de 162 millóns de euros ata 2020 e reducir en case 400.000 toneladas a emisión de gases contaminantes.
Francisco Conde destacaba esta iniciativa apuntando que demostra que este tipo de mobilidade é xa unha alternativa real para moitos consumidores. Así, as matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia creceron máis do dobre que no mesmo período de 2017, e tamén as de vehículos híbridos, que supoñen un 31,8% máis que o pasado ano. En total, no que vai de 2018, Galicia conta con 2.000 vehículos matriculados entre eléctricos e híbridos.
As matriculacións de vehículos eléctricos en Galicia creceron máis do dobre que no mesmo período de 2017
Neste sentido, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria felicitou a Endesa por organizar un evento que trata de dar visibilidade ás vantaxes da mobilidade eléctrica, o que, segundo apuntou Conde, deixa constancia do seu compromiso coa sustentabilidade, a innovación, o medioambiente e o cambio climático.
Estes mesmos compromisos, tal e como lembrou o conselleiro, están recollidos nas Directrices Enerxéticas de Galicia, que teñen como obxectivo impulsar a transición enerxética en Galicia de forma progresiva e sustentable, apostando polas enerxías renovables, a eficiencia enerxética e a mobilidade eléctrica.



















Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217