Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 22 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

Hyundai instalará placas solares nos seus coches a partir de 2019

Hyundai Motor adiántase ao futuro presentando unha tecnoloxía propia capaz de recargar os vehículos eléctricos utilizando a luz solar. Utiliza paneis solares xeradores de electricidade instalados no teito ou no  capó dos vehículos.


Con este desenvolvemento,  Hyundai demostra a súa capacidade de innovación no campo da mobilidade sustentable, onde xa conseguiu algúns dos fitos máis importantes da industria. Despois de lanzar o primeiro modelo con tres modos de propulsión electrificada nunha única plataforma, o Hyundai  IONIQ, e de facer o propio co vehículo de pila de combustible de hidróxeno máis avanzado do mercado, o Hyundai NEXO, agora a compañía anuncia un sistema de carga solar viable para entrar en produción nun futuro próximo. Esta tecnoloxía de paneis solares, ademais de incrementar a autonomía dos vehículos eléctricos ou híbridos  enchufables, tamén será compatible cos modelos de combustión interna para mellorar a súa eficiencia.


Na actualidade, Hyundai Motor Group está a desenvolver tres tipos de sistemas de carga mediante paneis solares. O teito solar de primeira xeración aplicarase aos modelos híbridos e conseguirá cargar entre o 30 e o 60% da batería ao día, segundo as condicións climáticas e do ambiente. Esta tecnoloxía utiliza unha estrutura de paneis solares de silicio producidos en serie instalable en calquera tipo de teito.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.