MOTOR
Suzuki lanza unha nova xeración do Vitara con novo deseño
A gama Suzuki Vitara renóvase notablemente en todos os apartados para seguir sendo o compañeiro ideal dos máis aventureiros. A nova serie Vitara é máis atrevida, máis forte e ten un maior equipamento de seguridade que lle posiciona como líder entre a súa competencia e aséntalle como un dos modelos icónicos do segmento. A nova gama Suzuki Vitara ofrécese con cinco anos de garantía.
O deseño é un dos puntos fortes deste modelo. O novo Vitara presume dunha nova grella dianteira cromada, paragolpes dianteiros con embellecedores cromados, lamias de aliaxe de 17 polgadas e ópticas dianteiras de tecnoloxía LED. Mantéñense as amplas opcións de personalización, cunha completa paleta de cores, combinacións bitono, packs de accesorios, e detalles interiores e exteriores.
O amplo e acolledor interior aumenta a calidade coa adopción de materiais máis suaves e brandos ao tacto e unha nova tapicería de deseño mixto. A información que se ofrece ao condutor tamén mellora cunha nova pantalla LCD a cor de 4,2 polgadas no cadro de mandos que mostrará os datos relativos a consumo, eficiencia na condución e os distintos modos de condución do ALL GRIP. As versións GLX presentan, ademais, un novo deseño no reloxo situado no centro do cadro de mandos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217