GALICIA
Compromiso por Galicia solicita do PSdG-PSOE que "desautorice as declaracións do ministro Ábalos"
CxG solicita de Gonzalo Caballero, secretario Xeral do PSOE galego e Candidato á Xunta, unha "manifestación pública en defensa dos intereses de Galicia que desautorice a manifestación do Ministro de Fomento no relativo á posibles peaxes na totalidade das autopistas, cómpre que un candidato á Xunta que se auto proclama xa case Presidente defenda Galicia por riba de intereses partidarios".
“Esta forma de goberno 3.0, do actual PSOE, é unha irresponsabilidade. No relativo a Galicia, poñer peaxe en todas as vías de entrada e saída cara Portugal, Asturias ou Castela, supón na práctica un suicidio xa non para as nosas empresas senón para futuros asentamentos de industria e emprego” subliñou Piñeiro Docampo, líder dos galeguistas.
"Cando o PSdG está a prometer a transferencia da AP-9 o número dous do PSOE está a falar de gravar un novo imposto á clase traballadora, unha medida para nada socialdemócrata. Compromiso non comparte para nada o mensaxe do PSOE de que as cousas non poden ser gratis total e de que se paga con impostos de persoas que non as utilizan. Acaso non ocorre o mesmo coa sanidade e coa educación? Ese é o principio de solidariedade que ten que ser inviolable, e moito menos por un goberno que se di de esquerdas" sinala nun comunicado.
"As exportacións galegas, dependen en moita medida da saída por estrada, nalgún caso como Asturias a única posibilidade e a autoestrada, esta decisión sería xa o tiro de gracia para a economía galega" indica.
“Gonzalo Caballero debe defender a identidade propia de Galicia e a nosa singularidade, pola posición xeográfica e a dependencia da relación por autoestrada. Se non ten arrestos para facer rectificar ó Ministro, será cómplice de esta grave medida lesiva para os intereses de Galicia” apuntou Piñeiro Docampo Secretario Xeral de CxG.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.141