Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 22 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PP de Salceda recolle as propostas dos veciños

O voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila, comezará visitando os días 22, 26, 27, 28 e 30 de novembro, cinco centros culturais para reunirse cos vecinos que queiran asistir

O Partido Popular de Salceda de Caselas explica que "segue a dar voz aos veciños e veciñas do municipio, e agora máis ca nunca". Con esa intención vai percorrer as sete parroquias do Concello "a partires de hoxe xoves co obxectivo de escoitar e recoller as súas inquietudes e propostas de cara a mellorar o eido rural". A primeira cita será - hoxe xoves-, no Centro Cultural de Picoña, ás nove do serán (21h). Un encontro aberto a todo a veciñanza desta parroquia salcedense.

 

A estas reunións informativas, nas que tamén se van tratar temas como a recollida de lixo, investimento municipal non rural, as propiedades do Concello nos barrios e o seu estado, o transporte, a mellora dás comunicacións ou os proxetos que precisa o Concello en xeral, acudirá o PP coa intención de “construír” e “detectar” as necesidades reais do barrio “para traballar no que realmente interesa e preocupa aos veciños e non en outras iniciativas que non son prioritarias para o pobo”, explica o voceiro popular, Santiago Rodríguez Davila.

 

Á cita en Picoña seguiralle a da parroquia de Budiño, o luns vindeiro, día 26 de novembro, tamén ás nove do serán (21h). O martes 27, á mesma hora, os Populares van visitar o Centro Cultural de Entenza; o mércores 28, estarán no de Parderrubias, e o venres, día 30, en A Feira. En total nove encontros veciñais previstos para este mes de novembro e a primeira semana de decembro aos que lle seguirán outros moitos máis sempre cos veciños como protagonistas.

 

“Salceda, un pobo con voz e futuro”

Dende o PP salcedense, queren manifestar "a necesidade de converter Salceda nun pobo de referencia na comarca de A Louriña, e para iso é necesario dotar ao municipio de servizos como a demandada Biblioteca municipal, o Centro de Día, un mellor transporte ou tamén a construción do primeiro tramo do Viario do Caselas".

 

E dende o punto de vista económico "é imprescindible un plan urbanístico que de confianza ao tecido empresarial responsable de xenerar traballo para os xóvenes. Só así, as familias elixirán Salceda de Caselas para construír a súa vivenda". “Salceda e un pobo con moito futuro e nese camiño imos a traballar, sempre da man dos nosos veciños”, conclúe Rodríguez Davila.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.