MOS
Luís Bará, no Parlamento Galego: “Quérense apropiar do monte de Mos para facer negocios”
Os votos en contra do PP impediron que prosperara a iniciativa do BNG
O deputado do BNG Luís Bará presentou no Parlamento Galego unha iniciativa contra a construción dunha cidade deportiva e un macrocentro comercial en Cela, Pereiras e Tameiga, nunha sesión á que asistiron representantes da comunidades de montes de Tameiga, xunto ao candidato do BNG á alcaldía de Mos, Gustavo Barcia.
Bará cualificou de “falcatruada, cacicada e chanchullo” o proxecto e advertiu de que os promotores da iniciativa “queren apropiarse do monte para facer negocios”. Na súa intervención, pediu explicacións á Xunta polo procedemento para sacar adiante o proxecto, xa que “primeiro se realizou o anuncio e despois púxose en marcha a maquinaria política para perpetrar as expropiacións”.
O deputado afirma que “no documento de avaliación ambiental hai máis de 30 razóns para botar abaixo o proxecto”
Desde a tribuna, o deputado do BNG insistiu en que detrás deste proxecto están “os grandes grupos internacionais que levan anos sobrevoando como voitres a zona de Vigo” e indicou que hoxe o Celta ten un propietario, “pero no futuro pode ser propiedade dun fondo de investimento catarí ou dun fondo chinés”.
Os nacionalistas din que o PP "evita dar explicacións"
Segundo O BNG "na súa resposta, o deputado do PP Alberto Pazos evitou dar explicacións sobre as irregularidades do proceso de tramitación, que cualificou de 'actuación urbanística absolutamente normal e tratou de desviar a atención cara a outros temas que nada teñen que ver co macroproxecto que o Celta pretende desenvolver en Mos. Os votos en contra do PP impediron que prosperara a iniciativa do BNG`".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104