Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 12:41:48 horas

Xornal21.es
Viernes, 23 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O público participará no concerto de Santa Icía da Banda de Música de Xinzo

O próximo sábado 24 de novembro ás 20:00h, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo (BMXX) ofrecerá no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo o seu tradicional concerto de Santa Icía, patroa dos músicos.

 

[Img #47110]Esta data tamén servirá, como é tradicional, para presentar aos novos integrantes da Banda de Xinzo, que neste ano serán cinco; Icía Montes e Mercedes Domínguez coa Trompa, Lucía Giménez coa Trompeta, Simón Bolívar González co Trombón, e Moisés García co Saxofón alto.

 

Nesta ocasión e baixo o título “ A BMXX Dende Dentro” o público presente poderá disfrutar da música en cadeiras cunha localización privilexiada. Javier Blanco, Director da Banda, explica que todo o público que así o desexe, poderase sentar entre os músicos de xeito rotatorio en cada unha das obras que se interpreten.

 

O repertorio escollido para a maior parte do concerto permitirá escoitar á banda tal e como a coñecemos, pero tamén veremos por separado ao grupo das madeiras e ó dos metais, e incluso veremos a sección de percusión tomando o control da escea. Por outra banda, as obras interpretadas serán de orixes moi diversos, dende o pasodobre galego ata a música americana, pasando pola música española e de orixe europea. E todo isto sen deixar de lado a dificultade técnica, que sen dúbida está a levar á banda a continuar avanzando semana tras semana. En definitiva, un repertorio didáctico, esixente e para todos os públicos.

 

Dende a Xunta Directiva da Banda de Xinzo, indican que esta innovadora iniciativa responde ao obxectivo de achegar a música bandística a toda a poboación, e en particular aos veciños e veciñas da parroquia Ponteareá de Xinzo. Canto maior arraigamento social teña a música entre a poboación da nosa área de influencia, maior será o crecemento que poderá experimentar a nosa Asociación, indica Francisco Represas, Presidente da Banda de Música Xuvenil de Xinzo.

 

Ao rematar o concerto, todos os/as socios/as e demáis afeccionados poderán disfrutar dunha cea no restaurante “Cuevas” de Bugarín (Ponteareas).

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.