GALICIA
Declaración institucional da valedora do pobo no Día internacional da non violencia contra a muller
A muller debe ser considerada unha parte esencial da sociedade en igualdade co home. A cosificación da muller é un grave atentado contra a súa dignidade que debe ser evitado porque denigra á sociedade no seu conxunto.
O Día Internacional da non violencia contra a muller é unha data óptima para lembrar á sociedade o compromiso e apoio decidido da institución do Valedor do Pobo coas mulleres vítimas de violencia de xénero e cos menores, vítimas moitas veces menos visibles desa violencia, cuxo desenvolvemento persoal vese truncado polas agresións presenciadas ou recibidas.
Unha sociedade xusta non pode pechar os ollos ante esta situación. Por iso, neste día tan sinalado como Valedora do Pobo quero expresar o meu firme compromiso na protección das mulleres e menores vítimas de violencia de xénero, das persoas máis vulnerables, aquelas cuxos dereitos ven menoscabados, cuxa dignidade debe ser defendida e protexida.
Unha vez máis, alzamos a voz, para darlla ás persoas que a teñen inaudible porque elas deben estar presentes no noso traballo como vítimas inocentes dun mal trato que denigra a quen o infrinxe e a quen o consente.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11