GALICIA
A Xunta licita o contrato para a fabricación de 180 novas marquesiñas
O Goberno galego implantará instalacións axeitadas ás paradas das liñas de transporte interurbano de viaxeiros por estrada que ofrezan unha protección fronte as inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade dos usuarios
Iníciase a renovación destas instalacións mediante un investimento duns 800.000 euros
A Xunta vén de licitar o contrato para a fabricación de 180 novas marquesiñas coas que iniciar a renovación deste tipo de instalacións do transporte público, mediante un investimento de 800.000 euros.
O prazo para presentar as ofertas correspondentes a este contrato remata o vindeiro 27 de decembro.
Con esta licitación ponse en marcha o Plan de mellora de refuxios de paradas dos servizos de transporte público, que suporá a creación dun imaxe recoñecible das marquesiñas de Galicia, o que comezará a verse no territorio no 2º trimestre do ano 2019.
A consellería de Infraestruturas achegaralles as marquesiñas aos concellos para que as instalen e asuman a súa conservación e mantemento.
O Goberno galego implantará instalacións axeitadas ás paradas das liñas dos servizos de transporte interurbano de viaxeiros por estrada que ofrezan ao usuario unha protección fronte as inclemencias meteorolóxicas e melloren a comodidade durante a espera.
As marquesiñas serán de madeira de piñeiro para evitar o seu deterioro e contarán con deseños integrados na paisaxe, con versións adaptadas aos ámbitos rural e urbano.
Cómpre sinalar que de xeito complementario, a Axencia Galega de Infraestruturas xa está prevendo a instalación destes refuxios nos seus proxectos de sendas e eliminación de treitos de concentración de accidentes.
A continuación, dúas imaxes das marquesiñas: a primeira, dirixida ás contornas do rural e a segunda, ás de carácter urbano.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.37