Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Miércoles, 28 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Garrote será proclamada candidata á alcaldía de Ponteareas o vindeiro 2 de decembro

A candidata estará acompañadas polos líderes do socialismo galego: Gonzalo Caballero, Secretario Xeral do PSdeG e candidato á presidencia da Xunta de Galicia, a Presidenta da Deputación Carmela Silva e o Secretario Xeral Provincial David Regades

O Partido Socialista de Ponteareas celebrará o acto de presentación de Chus Garrote como candidata o vindeiro domingo 2 de decembro, onde ademais se darán a coñecer as primeiras propostas para os vindeiros 4 anos de goberno.

 

Garrote, quen foi nomeada o pasado mes de xaneiro co voto unánime da militancia Secretaria Xeral da Agrupación Municipal, conta con todo o respaldo e apoio do partido para liderar a lista que consolidará o cambio progresista en Ponteareas.

 

A este acto de proclamación asistirán o recentemente nomeado candidato á Presidencia da Xunta de Galicia, Gonzalo Caballero, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o Secretario Xeral provincial, David Regades.

 

“Hai catro anos presenteime para que a corrupción abandonase as institucións de Ponteareas e se restituísen as políticas da dignidade e do progreso que nos demandaba a veciñanza. Hoxe Ponteareas é unha cidade con futuro”, manifesta a tenente de alcalde e candidata socialista Chus Garrote.

 

As e os socialistas de Ponteareas sinalan que encaran as vindeiras eleccións con máis dun 85% do seu programa electoral xa cumprido, o que para os socialistas é unha garantía para que toda a cidadanía de Ponteareas volva confiar na candidatura do PSdeG-PSOE.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.