Martes, 14 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 22:03:40 horas

Xornal21.es
Jueves, 29 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Aberto o prazo para o Campus Tea Nadal

A concellería de Ensino ofertará por vez primeira o servizo de aula matinal durante a tempada de vacacións

[Img #47159]A concellería de Ensino que dirixe Cristina Fernández informa que xa están colgadas na web do concello as fichas de inscrición para o Campus Tea de Nadal que terá lugar os días laborais do 24 de decembro ao 7 de xaneiro para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e para que os cativos e cativas e mozas e mozos de entre 3 e 12 anos de idade teñan unha alternativa de lecer didáctico nestas vacacións de nadal.


Por vez primeira aula matinal no Nadal
O Campus Tea será como de costume en horario de mañá de 09:00 a 14:00 horas no CEIP Fermín Bouza Brey e cun prezo de 25€ por alumno/a. Este ano a concellería incorpora a novidade do servizo de aula matinal subvencionada, cun custe de 10 euros por todos os días. A aula matinal do Campus Tea abrirá as súas portas de 07:30 a 09:00 horas para todas as familias que o precisen.


O prazo de preinscrición abrangue ata o 3 de decembro e tanto as bases como os impresos poden obterse na oficina de ensino do concello de luns a venres de 09:00 a 14:00 horas ou na páxina web.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.