Galicia
A Xunta propón aos responsables da Ruta dos Fenicios crear un itinerario náutico polos seus principais enclaves en Galicia
Nava Castro, como representante da Consellería de Cultura e Turismo, mantivo un encontro con representantes deste Itinerario Cultural Europeo que atravesa 18 países
A Xunta de Galicia presentou a semana pasada aos responsables do Itinerario Cultural Europeo da Ruta dos Fenicios a posta en marcha dunha nova ruta turística náutica que percorra os seus principais enclaves en Galicia. Así se avanzou na reunión que a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, mantivo cos representantes deste camiño, que conta co recoñecemento do Consello de Europa e cuxos membros están a celebrar a súa asemblea anual estes días en Galicia.
Con esta iniciativa, preténdese deseñar un novo percorrido por mar que se integre na oferta dos Minicruceiros costeiros polas rías de Galicia que xa promove con éxito a Consellería de Cultura e Turismo en colaboración coa Asociación Galega de Actividades Náuticas (Agan+) e cuxo presidente, Manuel Soliño, tamén participou no encontro, xunto ao director da Ruta dos Fenicios, Antonio Barone e o presidente da Confederación Internacional, Arturo Ruíz.
A posta en marcha desta ruta potenciaría este itinerario europeo, que atravesa 18 países e máis de 80 cidades que rememora a conexión das principais travesías náuticas empregadas polos fenicios desde o século XII a.C., poñendo en valor o diverso patrimonio vinculado á cultura fenicia na nosa Comunidade e impulsando así o turismo cultural e náutico.
Encontro en Bulgaria
A participación da Xunta de Galicia na Ruta dos Fenicios a través deste novo itinerario náutico enmárcase no encontro previo mantido no transcurso do II Congreso Internacional sobre Civilizacións do Mundo e Rutas Históricas celebrado en Bulgaria no que participou a directora de Turismo, Nava Castro, xunto a Antonio Barone, e no que tamén se afondou na busca de novos socios, especialmente nos que a cultura fenicia creou vínculos.
No caso de Galicia están documentados varios vestixios, especialmente situados no sur da provincia de Pontevedra, sendo deste xeito o primeiro territorio alleo ao Mediterráneo.
Xunto a Ruta dos Fenicios, Galicia está presente noutros Itinerarios Culturais Europeos como as Rutas dos Vikingos, os Camiños da Viña (Iter Vitis), a Ruta das Abadías Cistercienses, a Ruta Europea dos Cemiterios, os Camiños da Arte Rupestre Prehistórica, o Itinerario das Vilas Termais Históricas e o Itinerario Europeo do Patrimonio Xudeu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.116