Provincia
300 persoas formáronse en turismo sustentable grazas a “Protura”
Dous Peregrinos no Camiño de Santiago nunha foto de Arquivo / Xornal21
“PROTURA” está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e forma parte do programa “EmpleaVerde” do Ministerio para a Transición Ecolóxica
A Deputación de Pontevedra vén de finalizar o proxecto “PROTURA”, que tivo como obxecto mellorar o coñecemento en turismo sustentable do tecido empresarial e persoas que traballan no sector turístico das contornas da Rede Natura. Arredor de 300 persoas beneficiáronse dos cursos que puxo en marcha a institución provincial tanto en liña como en modalidade presencial, concretamente na Guarda, no Grove e na Estrada.
O proxecto “PROTURA” levouse a cabo dentro do programa “Empleaverde” do Ministerio para a Transición Ecolóxica, concretamente ao abeiro da Fundación Biodiversidade que busca impulsar a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. “PROTURA” estivo financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020. Ademais de na provincia de Pontevedra, “PROTURA” tamén se levou a cabo en Castela a Mancha grazas á colaboración da delegación de UPA na comunidade.
Grazas á formación en turismo sustentable, o alumnado dos cursos formativos obtivo coñecementos que lles permitiron dispoñer de ferramentas e estratexias que contribúen á sustentabilidade turística da provincia de Pontevedra, favorecendo ademais que as empresas que participaron poidan ser un exemplo na aplicación das boas prácticas que estudaron. Cómpre ter en conta que os principios do turismo sustentable permiten minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística na contorna sociocultural, ambiental e empresarial e é, ademais, un atractivo nicho de mercado.
Entre o temario dos cursos de “PROTURA” resaltaron aspectos como o concepto de sustentabilidade, os impactos do turismo e a relación entre o turismo e o medio ambiente, a sustentabilidade no sector turístico, a xestión das empresas turísticas e as claves e características do turismo sustentable, as axudas e subvencións e tamén outros como as acreditacións e aspectos legais, as características socioeconómicas da provincia, o potencial endóxeno dos seus recursos, a identificación dos seus produtos máis relevantes e exemplos de boas prácticas de sustentabilidade.
Ao abeiro de “PROTURA” a Deputación de Pontevedra puxo en marcha de xeito gratuíto tres cursos de formación mixta (cunha parte presencial e outra parte a distancia), así como un curso de formación a distancia. Pola súa banda, en Castela a Mancha puxéronse en marcha un curso en cada unha destas modalidades. Ademais da formación, de forma paralela estableceuse un servizo de asesoramento en material de turismo rural sustentable. Grazas a el, todas as persoas que participaron en “PROTURA” puideron obter unha resposta as súas dúbidas da man dunha persoa profesional cualificada do sector.
Dous Peregrinos no Camiño de Santiago nunha foto de Arquivo / Xornal21A Deputación de Pontevedra vén de finalizar o proxecto “PROTURA”, que tivo como obxecto mellorar o coñecemento en turismo sustentable do tecido empresarial e persoas que traballan no sector turístico das contornas da Rede Natura. Arredor de 300 persoas beneficiáronse dos cursos que puxo en marcha a institución provincial tanto en liña como en modalidade presencial, concretamente na Guarda, no Grove e na Estrada.
O proxecto “PROTURA” levouse a cabo dentro do programa “Empleaverde” do Ministerio para a Transición Ecolóxica, concretamente ao abeiro da Fundación Biodiversidade que busca impulsar a mellora do emprego, o emprendemento e o medio ambiente. “PROTURA” estivo financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) no marco do Programa Operativo Emprego, Formación e Educación 2014-2020. Ademais de na provincia de Pontevedra, “PROTURA” tamén se levou a cabo en Castela a Mancha grazas á colaboración da delegación de UPA na comunidade.
Grazas á formación en turismo sustentable, o alumnado dos cursos formativos obtivo coñecementos que lles permitiron dispoñer de ferramentas e estratexias que contribúen á sustentabilidade turística da provincia de Pontevedra, favorecendo ademais que as empresas que participaron poidan ser un exemplo na aplicación das boas prácticas que estudaron. Cómpre ter en conta que os principios do turismo sustentable permiten minimizar os impactos negativos e maximizar os beneficios da actividade turística na contorna sociocultural, ambiental e empresarial e é, ademais, un atractivo nicho de mercado.
Entre o temario dos cursos de “PROTURA” resaltaron aspectos como o concepto de sustentabilidade, os impactos do turismo e a relación entre o turismo e o medio ambiente, a sustentabilidade no sector turístico, a xestión das empresas turísticas e as claves e características do turismo sustentable, as axudas e subvencións e tamén outros como as acreditacións e aspectos legais, as características socioeconómicas da provincia, o potencial endóxeno dos seus recursos, a identificación dos seus produtos máis relevantes e exemplos de boas prácticas de sustentabilidade.
Ao abeiro de “PROTURA” a Deputación de Pontevedra puxo en marcha de xeito gratuíto tres cursos de formación mixta (cunha parte presencial e outra parte a distancia), así como un curso de formación a distancia. Pola súa banda, en Castela a Mancha puxéronse en marcha un curso en cada unha destas modalidades. Ademais da formación, de forma paralela estableceuse un servizo de asesoramento en material de turismo rural sustentable. Grazas a el, todas as persoas que participaron en “PROTURA” puideron obter unha resposta as súas dúbidas da man dunha persoa profesional cualificada do sector.


































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218