Vigo
O acendido da iluminación será este sábado 24 ás 21,00 horas na Porta do Sol
O alcalde anunciou este venres o adiamento do acendido ante a previsión de choiva o sábado pola tarde e avanza que será "magnífico". As luces de Nadal lucirán a partir das 21,00 h e a partir desa hora funcionarán lanzadeiras de autobús desde o Paseo de Alfonso, a Praza do Rei, Praza España e García Barbón.
O Concello acenderá hoxe as luces de Nadal ás 21,00 h, unha hora e media máis tarde do previsto debido ás predicións de choiva que parecen ser menores a partir desa hora. Será un acendido "magnífico" dixo o rexedor en rolda de prensa ao tempo que lembrou que xa estaba disposto todo o operativo: o plan de tráfico, 90 axentes da Policía Local; 10 efectivos de bombeiros con tres vehículos situados en sitios estratéxicos, 100 voluntarios de Protección Civil; ambulancias; 1 posto médico, 1 punto de encontro para persoas e obxectos perdidos; así como reserva de espazo cerca da árbore para persoas con mobilidade reducida.
Segundo con detalles da iluminación, nestes momentos os operarios están a rematar a caixa do regalo -de quince metros de alto - situada na confluencia de Urzáiz e Gran Vía. É a primeira vez que se usa una tecnoloxía de última xeración nun elemento ornamental destas características, explicou. A árbore da Porta do Sol, engadiu, terá un xogo de luces e son que dura 6 minutos aproximadamente e que se irá repetindo cada quince minutos. O son terá 40.000 watios polo que todo o mundo o poderá escoitar.
Para facilitar o transporte, a partir das 21,00 h funcionarán autobuses lanzadeiras desde o Paseo de Alfonso, García Barbón, Praza España e Praza do Rei para trasladalos ao resto de paradas ordinarias. Outras das novidades deste ano será o bus turístico, que realizará percorridos por toda cidade, pasando polos puntos significativos do alumeado, con prezos habituais de transporte urbano e rutas dunha hora de duración.
O alcalde tamén fixo especial mención ao Belén de Nadal que será instalado na Casa das Artes. "É un Belén con figuras venecianas, dunha calidade artística excepcional", engadiu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217