MOS
O BNG de Mos amosa o seu desacordo coa concesión da Medalla a Brais Méndez
Aseguran que a alcaldesa "anunciou o recoñecemento a Brais Méndez antes de consultar aos portavoces da oposición no Concello"
O BNG de Mos amosou no pleno o seu "desacordo coa concesión da medalla ao mérito deportivo ao futbolista Brais Méndez", entre outros motivos, pola "forma en que o goberno do PP tomou a decisión e realizou o anuncio aos medios de comunicación".
"Lonxe de buscar un consenso antes de outorgar o recoñecemento, a alcaldesa soltou a noticia sen falar previamente cos demais grupos representados no Concello. Ademais, o venres pasado realizouse un acto no que se reuniu a decenas de escolares co futbolista, creando un ambiente social proclive á concesión e poñendo dificultades á expresión de calquera tipo de oposición á decisión" sinalan dende o BNG que entenden que "este acto foi organizado intencionadamente para maior gloria da alcaldía, aproveitando deste xeito a fama dun veciño".
O grupo municipal expresou tamén as súas "dúbidas sobre a idoneidade da concesión da medalla a un rapaz de 21 anos que acaba de comezar a súa traxectoria deportiva. Desde o convencemento de que o futbolista acumulará novos e maiores méritos nos próximos anos", a opinión do BNG é que "esta decisión se tomou de forma precipitada".
Por outra parte, afirman dende o BNG, "cómpre non esquecer que a empresa para a que traballa Brais Méndez é o Real Club Celta SAD e o BNG xa expresou publicamente a súa oposición a realizar actos públicos nos que esta entidade tome parte directa ou indirectamente, xa que se intenta posicionar a parte da poboación de Mos a favor do proxecto que o Celta pretende levar a cabo no monte de Tameiga".
"Trivializando" as medallas
"Coa concesión deste recoñecemento, o goberno do PP está trivializando e banalizando a concesión das medallas honoríficas do Concello" sinalan dende o Grupo Municipal do BNG que volveron reclamar "a retirada da que se lle outorgou no seu momento a Pórtico Básico, unha empresa que deixou na rúa a decenas de persoas".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217