Martes, 10 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 29 de Noviembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra leva a cabo o curso formativo “Depoapicultura”

A institución provincial, socia organizadora do proxecto, inviste máis de 22.000 euros para este curso que trata a apicultura sostible como fonte de emprego

A Deputación de Pontevedra, xunto á Deputación de Zaragoza como entidade colaboradora, organiza desde este mesmo mes “Depoapicultura”, un curso formativo cuxo obxectivo xeral do proxecto é o de mellorar a empregabilidade no sector apícola, sobre todo, de aquelas persoas con dificultades de acceso ao mercado laboral. O proxecto, encadrado na convocatoria “Empleaverde 2018”, desenvólvese en zonas rurais da Rede Natura das provincias de Pontevedra e Zaragoza da Rede Natura e irá destinado a todas as persoas interesadas en traballar no sector ou comezar a súa actividade apícola.

 

A través deste curso, para o que a institución provincial inviste 22.159,41 euros, impártense 12 accións formativas, presenciais e mixtas, nas que a apicultura moderna e sustentable será o eixo central. Con este proxecto preténdese capacitar ás persoas interesadas para a posta en marcha e mantemento dunha explotación apícola moderna, informando sobre as posibles orientacións produtivas, fomentando novas vías de xestión e comercialización, mediante o emprego de novas tecnoloxías.

 

Este proxecto, que arrancou este mes de novembro, está ultimando a preparación do contidos dos diferentes módulos para que en febreiro poida dar comeza as clases que, de maneira presencial, en canto á provincia de Pontevedra, terán lugar en Vilaboa, Barro e O Rosal.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.