VIGO
Vigo acolle un encontro europeo de fotónica, a tecnoloxía do futuro
A Universidade de Vigo coordina por primeira vez un programa europeo para capacitar novos profesionais dentro das liñas de actuación do proxecto Marie Curie
Vigo acolle o vindeiro mércores, 5 de decembro, un encontro europeo sobre fotónica, a denominada tecnoloxía do futuro. Trátase dunha xornada orientada ás empresas galegas coa fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais. Galicia, pola súa industria punteira en automoción e textil, é un obxectivo de interese para a Unión Europea na transferencia do coñecemento en materia de fotónica. De feito, esta é unha das primeiras tecnoloxías na que Europa está á cabeza, por diante de Estados Unidos.
A xornada, baixo o título “Fotónica integrada: casos prácticos e aplicacións na industria”, servirá tamén de lanzamento dun programa europeo que está a coordinar a Universidade de Vigo, en colaboración coa empresa holandesa Smart Photonics. Trátase dun programa para capacitar a catro profesionais da Unión Europea na fotónica integrada, concedido ao equipo da Universidade de Vigo, dirixido polo investigador e subdirector de atlanTTic, Francisco Díaz. É a primeira vez que a institución viguesa consegue coordinar un programa ITN EID dentro da Marie Curie da Axenda H2020 da UE.
Ao encontro, que terá lugar na Zona Franca de Vigo, asistirán empresas vinculadas, principalmente, coa automoción, as tecnoloxías, o textil, a alimentación e a saúde. Participarán como ponentes os máis destacados expertos europeos en fotónica integrada: Auri Ripoll, directora de marketing de EPIC (European Photonics Industry Consortium), a asociación máis importante que reúne a todas as empresas dedicadas a esta tecnoloxía; Ronald Broeke, director general de Bright Photonics; David Mackey, CTO e fundador de mBryonics e Francisco Soares, un dos máximos responsables do Instituto Fraunhofer Heinrich Hertz, o centro mais relevante de Europa en telecomunicacións aplicadas. Ao término das intervencións, o director do programa, Francisco Diaz, moderará unha mesa de traballo entre os expertos e as empresas galegas participantes.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.186