GALICIA
Xunta e FEGAMP acordan o financiamento e as funcións dos GES supramunicipais para 2019-2021
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor, o presidente da Fegamp, Alfredo García e representantes das Deputacións asistiron á reunión da comisión de seguimento dos GES
A Xunta e a Federación Galega de Municipios chegaron esta mañá a un acordo sobre o financiamento e as funcións dos grupos de emerxencia supramunicipais, coa intención de seguir prestando este servizo, que o Goberno galego seguirá financiando en gran parte, o que permitirá mellorar a eficacia das actuacións e intervencións nas situacións de emerxencias.
A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias e o director xeral de Emerxencias e Interior, Luis Menor asistiron á reunión da Comisión de Seguimento dos GES, na que tamén participaron o presidente da Fegamp, Alfredo García e representantes das Deputacións Provinciais.
Segundo indicou a directora xeral, Marta Fernández -Tapias o acordo de hoxe reflicte o compromiso do Goberno galego no eido das emerxencias, co financiamento duns servizos de emerxencias que non son competencia da Xunta, senón dos propios concellos e das Deputacións, pero que a Xunta considera necesarios polo que os apoia e contribúe ao seu financiamento dende a súa creación no ano 2013.
Os GES son un dos exemplos máis salientables da colaboración entre a Xunta e os concellos galegos en materia de emerxencias, prestando un servizo fundamental, especialmente nas zonas máis rurais e nos pequenos concellos
Desta volta, o acordo sinala que a participación das distintas administracións que financian os Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES), a Xunta por unha banda, e as entidades que integran a Administración Local (Deputacións e Concellos), pola outra, será do 52,5% no caso da Xunta e do 47,5% para as Administracións locais.
Os GES comezaron a funcionar na nosa comunidade no ano 2013, complementando un novo mapa de emerxencias que cubre todo o territorio galego, e ofrecendo así unha resposta áxil e eficaz a todos os cidadáns galegos ante calquera incidencia. A súa posta en marcha foi consensuada entre Xunta, Deputacións e concellos, e o goberno galego ademais encargase da formación do persoal na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, na Estrada).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115