O PORRIÑO
O PP reclama o "arranxo inmediato" das instalacións da Piscina Municipal
Aseguran que "os usuarios destas instalacións levan anos alertando das filtracións de auga que se producen cada vez que chove e dos desperfectos na sala de cardio, sen que o Goberno Municipal do Porriño tome ningunha medida ao respecto".
O Partido Popular do Porriño faise eco novamente do "malestar dos usuarios e usuarias das instalacións da Piscina Municipal". As "deficiencias que presentan estas instalacións públicas utilizadas a diario por numerosos veciños que abonan unhas taxas mensuais polo seu uso veñen sendo denunciadas dende hai anos, sen que o Goberno Municipal tome medida algunha ao respecto" aseguran.
"Os bañistas levan tempo alertando das filtracións de auga que se producen cada vez que chove" explicandende o Pp engadindo que "a cuberta do edificio presenta goteiras que inundan o interior, e en lugar de arranxarse, óptase por recoller a auga en numerosos caldeiros que ateigan estas instalacións deportivas".
"Se ben o estado destas infraestruturas empeora cada día, esto non é novo. Xa en outubro do 2016 usuarios rexistraron unha queixa no Concello do Porriño denunciando as deficiencias que presentaba a sala de cardio e as instalacións da piscina. Na actualidade, como se pode comprobar, a situación lonxe de resolverse empeorou considerablemente coas máquinas de exercizo vellas e averiadas, rotas e fora de servizo. Por aquel entón, os populares solicitaran en pleno que se solventase o problema a fin de dar un servizo aos usuarios e usuarias concorde ao que abonan cada mes, obtendo como resposta do concelleiro de Deportes que esta situación xa se estaba atendendo e resolvendo. A día de hoxe, empeorou" aseguran os populares nun comunicado.
Decenas de caldeiros recollen a auga que anega estas instalacións
"A Piscina Municipal é un servizo público xestionado por unha empresa privada, que según tiñan informado se sacaría a licitación. Non só non se sacou, senón que a empresa que xestiona este servizo na actualidade non cobra dende marzo de 2017, e as facturación que presenta é rexeitada de xeito sistemático pola coalición PSOE-UDDL" indican.
"A indignación dos usuarios destas instalacións está máis que xustificada, pois pagan por un servizo que non se está a prestar en condicións", apunta M. Alejandro Lorenzo, "Resulta ata vergoñento que teña deixado chegar a este punto o deterioro deste espazo. Dentro da piscina chove, literalmente, e debía ser xa unha prioridade para a coalición de goberno asegurar que estas instalacións que cada día usan decenas de veciños esté nas condicións adecuadas para o desenvolver a actividade deportiva".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11