VIGO
O alcalde asegura que a demolición do hotel Samil permitirá "reparar un erro histórico nesta cidade"
Abel Caballero achegouse a semana pasada ao acto de inicio de demolición do antigo hotel Samil, construído na década dos setenta. Este derrubamento permitirá iniciar a construción dun novo establecemento hostaleiro "moderno e ecoloxicamente moi ben adaptado ao terreo, nunha das mellores zonas de Vigo". Está previsto que as obras rematen en 22 meses.
O alcalde presenciou o inicio das obras de derrubamento do antigo hotel Samil, o que permitirá, en verbas de Caballero, "reparar un erro histórico nesta cidade", en alusión á construción deste edificio na década dos setenta. Nun prazo de 22 meses e cun orzamento de case 21 millóns, estará construído un novo hotel, con 3-4 alturas, 125 habitacións, piscina, spa, sala de convencións e 102 prazas de aparcamento.
Durante o acto, no que tamén estivo presente, Luís Baldo, director da zona Noroeste de Avante, o rexedor amosou a súa satisfacción coa demolición, que permitirá dar paso a unha construción "moderna e ecoloxicamente moi ben adaptado ao terreo, nunhas das mellores zonas de Vigo".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217