Vigo acolle o vindeiro mércores, 5 de decembro, un encontro europeo sobre fotónica, a denominada tecnoloxía do futuro. Trátase dunha xornada orientada ás empresas galegas coa fin de dar a coñecer, con casos prácticos, os usos desta tecnoloxía nos procesos industriais. Galicia, pola súa industria punteira en automoción e textil, é un obxectivo de interese para a Unión Europea na transferencia do coñecemento en materia de fotónica. De feito, esta é unha das primeiras tecnoloxías na que Europa está á cabeza, por diante de Estados Unidos.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.