A festa celebrarase o vindeiro domingo 2 de decembro. Alejandro Alonso de Coren será o mestre chef.
A fábrica do Grupo Coren atópase na veciña localidade do Porriño e un importante número de traballadores/as da mesma son mosenses, por iso dende a Unión Deportiva Mos decidiuse o ano pasado implantar esta celebración gastronómica neste municipio.
Esta homenaxe culinaria a un prato moi invernal e tradicional da cultura galega en xeral e da comarca da Louriña en particular celebrarase, como xa se dixo, o domingo 2 de decembro na Avenida de Sanguiñeda, nas inmediacións da Discoteca Queen, onde haberá instalada unha gran carpa.
Dende a organización da festa esperan que, tras este segundo ano de celebración, perdure moitas máis edicións para o que tentarán seguir mellorando ano tras ano.
Nesta ocasión cociñaranse 5.000 racións, e estarán preparados para aumentar este número se fixese falta. O prezo da ración para levar para a casa será de 5 euros e para tomar in situ 7 euros, incluíndo pan, viño branco de Arantei e cunca e prato de agasallo.
Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.