MOS
O III Programa Integrado de Emprego Mos 3.0 acadou un 50% de inserción laboral
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, Óscar Soto, clausuraron esta mañá xunto co persoal técnico e os/as usuarios/as, a terceira edición do Programa Integrado de Emprego, PIE Mos 3.0, que acadou unha porcentanxe de inserción do 50%.
Por outra banda, das 85 persoas participantes neste programa, o 89% (76 usuarios/as) traballou nalgún momento ao longo do mesmo. Algún deles asinou máis dun contrato.
O teceiro PIE (Programa Integrado de Emprego) Mos 3.0 comezou o 1 de decembro de 2017 e rematou hoxe 30 de novembro.
O Plan está subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia con 159.685,84 euros e o Concello de Mos financia unha parte con 32.706,74 euros, sendo o investimento total no mesmo de 192.392,58 euros.
O Plan Integrado de Emprego do Concello de Mos ofreceu orientación laboral personalizada mediante asesoramento a emprendedores/as, formación, e prácticas en empresas; entre outras moitas accións
Dos 85 participantes 6 deles eran persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluídas as perceptoras de Risga), 4 eran mulleres desempregadas vítimas de violencia de xénero, 30 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 20 persoas desempregadas menores de 30 anos e 25 persoas desempregadas maiores de 45 anos.
As accións que se levaron a cabo neste programa foron de información, orientación e asesoramento aos usuarios/as beneficiarios/as, así coma de formación transversal en novas tecnoloxías e idiomas, técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea; habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista, fomento da capacidade emprendedora, formación para o emprego e prácticas profesionais non laborais en empresas en consonancia co contido teórico práctico das accións formativas.
Entre formación transversal e específica, os usuarios do III Programa Integrado de Emprego Mos 3.0 realizaron 38 cursos e/ou accións formativas que abarcaron os máis diversos ámbitos dende idiomas, habilidades sociolaborais, traballo en equipo, prevención de riscos laborais, procesos de selección, atención ao cliente, competencias dixitais, manipulación de alimentos, limpeza industrial, formación específica en hostelería, competencias dixitais, promoción do emprendemento, intelixencia emocional, manexo de maquinaria, etc. En total impartíronse 1.611 horas lectivas das cales 1.022 horas foron de formación específica e 589 horas de formación transversal.
Prospección empresarial
Parte fundamental do Plan Integrado de Emprego foi a prospección empresarial. A prospección de empresas constituiu un instrumento central do programa "III MOS 3.0" e tivo como principal obxectivo a detección e a identificación dos sectores de actividade potenciais xeradores de ocupación, así como a definición dos perfís profesionais requiridos polas empresas e que non se cubren por falta de persoas traballadoras cualificadas ou porque non dispoñen da acreditación da súa cualificación profesional.
Asináronse 20 convenios de colaboración para a realización de prácticas de formación cun total de 15 empresas. Prospeccionáronse máis de 100 empresas de distintos sectores e tramitáronse máis de 420 ofertas
Deste xeito levouse a cabo o emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes. Utilizáronse ferramentas tecnolóxicas avanzadas de emparellamento de ofertas de traballo coas persoas usuarias do programa (Ferramenta xestión PIE e APP). Tamén empregáronse boletíns de difusión como o da AGE ou proxecto ILES, asímesmo, fomentouse a inclusión dixital das persoas usuarias do programa, co fin de poder captar e candidatarse as ofertas que circulan na web.
Ademais os/as participantes realizaron talleres sobre mobilidade laboral que lles proporcionasen información dos recursos dispoñibles de mobilidade transnacional no territorio da unión europea (rede EURES), así como outros que informasen ós usuarios das posibilidades de inserción laboral ao ampliar o ámbito xeográfico de busca de emprego fóra do concello de residencia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217