Martes, 03 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 02 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Máis de 1.000 persoas acompañan á candidata e alcaldesa, Nidia Arévalo, no xantar de Nadal do PP de Mos

Os 1.100 comensais compartiron mesa co presidente do PP de G e da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo

O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e 1.100 comensais arrouparon onte á alcaldesa e candidata á Alcaldía mosense para maio de 2019 polo Partido Popular, Nidia Arévalo, no xantar de Nadal que se celebrou no Pavillón Óscar Pereiro.

 

[Img #47555]

 

Cada edición deste entrañable encontro navideño, que normalmente consiste nunha cea, reúne a centos de militantes e simpatizantes do PP, pero esta é a primeira vez que se alcanza, e incluso se supera, o milleiro de asistentes.

 

[Img #47556]

 

Arévalo e o presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, agradeceron a tódolos asistentes deste a este xantar de Nadal o esforzo e a colaboración realizados para participar, así como a súa agradable compaña durante a comida. 

 

Durante a súa intervención a rexedora local mosense destacou que “a miña bandeira e o meu principal obxectivo é a defensa de Mos por riba de todo, a entrega total a Mos, por iso aquí estarei cada segundo defendendo ós meus veciños”. Nidia Arévalo declarou que “me presento ás vindeiras eleccións con máis ilusión que nunca porque teño o sentimento de haber cumprido cos veciños e ás veciñas, pero coas mesmas ou máis ganas de seguir traballando para lograr levar a Mos ao máis alto”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.