VIGO
A Xunta publica no DOG o decreto que dispón a urxente ocupación da superficie da estación Intermodal de Vigo
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade segue avanzando pasos para que o Concello axilice a obtención dos terreos precisos para construír a terminal de autobuses da Xunta, e desenvolver os accesos á intermodal
A Consellería de Infraestrutruas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia o Decreto polo que se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar a terminal de autobuses integrada na estación Intermodal de Vigo, proxecto público declarado de urxencia ou excepcional interese.
Trátase de favorecer que o Concello de Vigo, como administración expropiante, axilice as actuacións previstas na Lei de expropiación forzosa para a obtención dos terreos precisos para a construción da terminal de autobuses por parte da Xunta, e o desenvolvemento dos accesos. Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace ao DOG: https://bit.ly/2QwBSr4.
Deste xeito, o departamento de Infraestruturas da Xunta segue avanzando na tramitación dun proxecto de excepcional interese para a cidade de Vigo e a comunidade autónoma. Cómpre lembrar que o Consello da Xunta acordou o pasado 15 de novembro declarar a urxente ocupación dos terreos necesarios para esta intervención, e que tamén aprobou pasado 4 de outubro o proxecto da intermodal.
O departamento de Infraestruturas da Xunte ten previsto licitar este mesmo ano as obras da nova estación de autobuses, cofinanciando os accesos e posibilitando o inicio da execución do Centro Vialia, cun orzamento autonómico de preto de 15,8 millóns de euros.
Os proxectos básicos das estacións e o proxecto de trazado dos accesos están xa rematados, e estase ultimando a redacción dos proxectos construtivos.
Os proxectos básicos das estacións e o proxecto de trazado dos accesos están xa rematados, e ultimándose a redacción dos proxectos construtivos
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten adiantado o proceso que permitirá axilizar a contratación das obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, coa publicación no Diario Oficial da Unión Europea do anuncio previo da licitación das obras da terminal de autobuses para reducir a 15 días naturais a duración do período de contratación.
A Xunta mantén o cumprimento do compromiso adquirido no convenio de colaboración asinado pola Xunta, o Concello de Vigo e o Ministerio de Fomento, a través de Adif, para o cofinaciamento dos accesos da estación intermodal e do centro Vialia, cun investimento conxunto de mais de 10,7 millóns de euros.
O obxectivo da Xunta é materializar a intermodalidade en Galicia, a través do deseño de infraestruturas funcionais, eficientes e estéticas, que permitan aos usuarios un intercambio áxil e seguro entre os distintos modos de transporte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217