Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 05 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Aberto o prazo de inscrición para o ‘1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño’

O Concello abre ata o vindeiro día 14, o prazo de inscrición no 1º Concurso de Rondallas Concello do Porriño que terá lugar o vinddeiro 1 de xaneiro de 2019.



BASES DO I CONCURSO DE RONDALLAS:
Primeira.- A Concellería de Festexos do Concello do Porriño organiza o I Concurso de Rondallas que terá lugar o día 1 de xaneiro de 2019, ás 18:00 h, no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño.


Segunda.- Neste concurso poderán participar todas aquelas agrupacións que teñan un mínimo de 40 compoñentes e un máximo de 120.
O número máximo de agrupacións participantes limítase a 10 (dez). Como único criterio de selección estabelécese a orde de inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño.
Aquelas inscricións realizadas antes ou despois do prazo estipulado nestas bases non serán admitidas calquera que sexa a causa.


Terceira.- As inscricións para este concurso deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, no impreso normalizado que se achega ás bases, dende o 3 ao 14 de decembro de 2018, ambos inclusive. Así mesmo, deberase acompañar á inscrición, unha certificación bancaria e fotocopia compulsada do CIF ou NIF segundo proceda.


As bases publicitaranse a través de anuncio nos medios de comunicación local nos días previos ó comezo do prazo e estarán a disposición dos/as interesados/as no citado rexistro e na páxina do Concello: https://oporrino.org/.


Cuarta.- Os premios do concurso serán os seguintes:
PRIMEIRO CLASIFICADO: 1.500 euros.
SEGUNDO CLASIFICADO: 1.000 euros.
TERCEIRO CLASIFICADO: 500 euros.
Todos os premios estarán suxeitos á normativa fiscal que proceda aplicar.


Quinta.- As agrupacións participantes realizarán, previo ó inicio do concurso e na mesma orde de actuación, un pasarrúas de trinta minutos polas seguintes rúas da vila: Praza do arquitecto Antonio Palacios, Rúa Antonio Palacios, Rúa Doantes de Sangue, manténdose neste último lugar á espera da entrada ó concurso.
No caso de suspensión dos pasarrúas por choiva, concentraranse na mesma orde e horario no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño.


Sexta.- A orde de actuación no Pavillón Municipal de Deportes do Porriño das rondallasinscritas decidirase mediante un sorteo que se realizará na Casa do Concello do Porriño o día 17 de decembro ás 12:00 horas. Recoméndase que a este sorteo acuda un/unha representante de cada rondalla inscrita.


Sétima.- Cada agrupación disporá dun máximo de 12 minutos para realizar as interpretacións que estime oportunas.
O tempo dispoñible computarase dende o momento no que as agrupacións comecen a interpretar a primeira peza.


Oitava.- Estabelécense as seguintes penalizacións por exceso de tempo:
10 puntos.- polo primeiro minuto ou fracción
20 puntos.- polo segundo minuto ou fracción
30 puntos.- polo terceiro minuto ou fracción  Descualificarase inmediatamente a unha agrupación nos seguintes casos:


✔ cando o exceso de tempo supere os tres minutos;
✔ cando figuren na pista menos de 40 compoñentes;
✔ cando entre os seus compoñentes ou concursantes, figuren “majorettes”.

 

Novena.- Os himnos oficiais dos estados e das comunidades autónomas non poderán ser incluídos nos repertorios que executarán as rondallas participantes.

 

Décima.- A rondalla gañadora do concurso terá que actuar un día a convir por ambas partes, a organización e a agrupación, durante as festas de Nadal nas rúas do Concello do Porriño.
Décimo primeira.- O xurado do concurso cualificará entre 0 e 16 puntos cada unha das agrupacións, valorando os seguintes elementos:
a) Criterios relacionados coa cultura tradicional e popular galega (valoración máxima 10 puntos):
- Instrumentación musical tradicional: máximo 4 puntos
- Repertorio musical: máximo 4 puntos
- Vestimenta de toda a rondalla: máximo 2 puntos
b) Outros criterios (valoración máxima 6 puntos):
- Evolución e coreografía en pista: máximo 2 puntos
- Instrumentación musical xeral: máximo 1 punto
- Número de compoñentes: de 40 a 60 – 1 punto; de 60 a 80 – 2 puntos; de
80 a 120 – 3 puntos.

 

Décimo segunda.- O xurado do concurso, nomeado por resolución da Alcaldía, estará composto polos seguintes membros, en número impar:
Presidente/a: A alcaldesa-presidenta ou persoa en quen delegue

Vocais:
- dúas persoas relacionadas coa música, danza, etnografía, folclore ou cultura tradicionais galegos.
- un/unha representante das rondallas participantes.
- Un/dous representante/s do Concello.


A composición do mesmo variará para obter, en todo caso, un número impar de membros con voz e voto.
Secretario: Un funcionario do Concello do Porriño, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso que se achegan no anexo a este convenio.


O presidente do xurado dispón tamén de voto de calidade para resolver os posíbeis empates.


Décimo terceira.- A concelleira de Festexos mailo xurado do concurso quedan facultados para resolver as posíbeis eventualidades e dúbidas que puidesen xurdir, non previstas nestas bases.


Décimo cuarta.- A participación neste concurso supón a aceptación de todas e cada unha destas bases. A decisión do xurado será inapelábel.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.