GALICIA
A Xunta fai entrega do Premio María Josefa Wonenburger á microbióloga Alicia Estévez
Pola súa contribución á visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 nun acto celebrado no Hostal dos Reis Católicos
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, entregou o Premio María Josefa Wonenburger 2018 á microbióloga pontevedresa Alicia Estévez Toranzo pola súa contribución á visibilidade das mulleres no ámbito da ciencia e da tecnoloxía.
Alicia Estévez está licenciada en Bioloxía e Farmacia e dende o ano 1991 é catedrática de Microbioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Bioloxía no ano 1980. Levou a cabo a actividade postdoutoral nas universidades norteamericanas de Maryland e Oregon. As súas principais liñas de investigación céntranse na patoloxía bacteriana en Acuicultura. Dirixe, xunto a Juan Luis Barja, o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia, no que está traballando unha trintena de investigadores. Ten publicado máis de 200 artigos en revistas científicas e case una trintena de capítulos de libros. Foi Premio Fin de Carreira do Ministerio de Educación e Ciencia e Premio Nacional de Investigación "Jaime Ferrán" da Sociedad Española de Microbiología.
Estévez dirixe o grupo de Patoloxía en Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, un dos principais grupos de referencia competitiva de Galicia
O premio Wonenburger, que foi creado polo goberno galego, resalta as traxectorias relevantes de mulleres nos eidos das ciencias e da tecnoloxía, un compromiso asumido por parte do Goberno galego dende a Secretaria Xeral da Igualdade. Nas anteriores edicións foron distinguidas Inmaculada Paz Andrade, Teresa Miras Portugal, María Soledad Soengas, Carmen Navarro, Ofelia Rey, Tarsy Carballas, María José Alonso, Carmen García Mateo, Isabel Aguirre de Úrcola, Peregrina Quintela e Begoña Vila Costa. O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha auténtica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155