Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 04 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Un milleiro de Guardeses pide a paralización da compra de Fínola

Anxo Baz “ O Alcalde debera escoitar a veciñanza e o informe de Intervención”

O portavoz municipal do BNG da Guarda, Anxo Baz e a Responsábel local da organización, Bea Lomba, entregaron hoxe no rexistro do Concello un milleiro de asinaturas reclamando a paralización da compra da finca de Fínola.

 

Os nacionalistas manteñen que existe normativa urbanística eficaz e relativamente rápida para que a finca de Fínola pase a ser de uso público. O desenvolvemento do PERI nº 5 no que está ubicada esta finca, garante que o Concello se faga con esta propiedade e dous mil metros a maiores sin costes para o Concello.

 

Este é o motivo polo que os nacionalistas acusaron de despilfarro tanto ao PSOE como ao PP e a Concelleira non adscrita Fani Iglesias que apoiaron a compra e denunciaron públicamente que o único beneficiario coñecido era a banca, actual proprietaria dos terreos.

 

Anxo Baz, portavoz do BNG declarou “aínda están a tempo de paralizar este despilfarro. Non escoitaron ao BNG no seu momento, tampouco escoitaron o informe de Intervención que recomendaba o desenvolvemento do PERI, o Alcalde debería de escoitar agora a veciñanza”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.