Lunes, 13 de Octubre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 06 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
OIA

Xosé Antón Rodríguez “Xuster” candidato a Alcaldía de Oia polo BNG

“Oia está instalado nunha parálise crónica e compre darlle a volta”

A asamblea local do BNG de Oia elexiu a Xosé Antón Rodríguez “Xuster” como candidato a alcaldía pola formación nacionalista para as próximas eleccións municipais.


Xosé Antón Rodríguez que na actualidade é o presidente da Comunidade de Montes de Santa María de Oia afirmou diante da asemblea “ dou o paso a encabezar a candidatura do BNG,  porque coma outros moitos veciños e veciñas, son conscente de que o noso concello está instalado nunha  parálise crónica que repercute na calidade de vida da veciñanza e compre darlle a volta”.


Noutro momento da súa intervención dixo “Oia é un Concello con grandes posibilidades  con unha costa privilexiada, un interior nas parroquias de Burgueira e Loureza coa riqueza paisaxística, gandeira, agrícola e gastronómica. Todo isto ten que ser conxugado creando un único ente que vertebre as parroquias do interior e costa”.


Despois de referirse as "carencias en infraestructuras como o saneamento, o abandono do riquísimo patrimonio que atesoura o Concello, a desestructuración social, económica e territorial" do que responsabilizou ao PP, concluiu “Oia necesita un xiro e rexeneración da institución municipal, un xeito novo de facer as cousas, un goberno que traballe”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.