PROVINCIA
O PP acusa a Silva de “fracasar” e “ningunear a Baixo Miño” cos orzamentos 2019 da Deputación
“Son uns orzamentos que non dan resposta ás necesidades da provincia, porque están feitos de costas aos concellos, aos alcaldes e aos colectivos”, denuncia o deputado popular Santiago Rodriguez Davila
O deputado do grupo provincial do PP, Santiago Rodríguez Davila, compareceu esta semana en Tui, acompañado polos alcaldes e voceiros populares do partido xudicial, para analizar os orzamentos da Deputación do exercicio 2019. Cualificou de “desastre” o documento orzamentario, e denunciou que “foi elaborado de costas aos alcaldes e á cidadanía”. Por iso, engadiu, “este Bipartito PSOE-BNG é un mal goberno para a provincia e para a nosa comarca, están ninguneando ao Baixo Miño”.
Davila subliñou que a aposta económica da Deputación para o vindeiro ano “é máis do mesmo” e criticou “que Carmela Silva foi a única presidenta das catro deputacións que non foi quen de comparecer ante o Parlamento de Galicia para explicar as contas, consciente de que son un fracaso”.
Sobre as cifras concretas do orzamento, alarmou sobre a tónica xeral de incremento no gasto corrente, que xa alcanza a barreira dos 106 millóns de euros nun orzamento de 157. “Suben máis de 2 millóns os gastos de funcionamento da Deputación, mentres que o orzamento total só se incrementa en un millón”, indicou. Ademais, con respecto a 2015, último orzamento elaborado polos populares, incidiu en que “a partida do gabinete da presidenta aumentou escandalosamente en 7 millóns de euros”.
E mentres todo isto aumenta, engadiu, “os investimentos reais diminuíron en 8 millóns de euros, así como o mantemento das estradas provinciais, cantidade que se reduciu en 5 millóns”.
Para Rodríguez Davila, “o mellor destes orzamentos provinciais é que serán os últimos que confeccione este bipartito”, xa que están redactados polo PSOE de Vigo e polo BNG de Pontevedra, mentres o resto de alcaldes e alcaldesas non pintan nada”. Neste senso, lamentou que “mentres se asinan convenios millonarios con grandes cidades, Carmela Silva continúa dicindo non a Paramos”, e indicou que no orzamento de 2019 non se recolle nin un só euro en axudas para os afectados. “Non dicimos que estas cidades non precisen deses investimentos millonarios, o que dicimos é que Paramos tamén precisa dun convenio económico ante unha situación extraordinaria”, sinalou.
A maiores, chamou a atención sobre o Plan de Prácticas Laborais, un programa “que funcionaba moi ben” e que daba a oportunidade aos mozos da provincia de acceder ao seu primeiro posto de traballo segundo a súa formación, e que para 2019 reduciuse o orzamento nun 75%. Ademais, explicou, este plan non se convocou en 2017 e este ano “está moi atrasado”, porque a estas alturas aínda están coa selección de empresas. O resultado, “dous anos consecutivos sen ter a ningunha persoa moza contratada en empresas da provincia con apoio da Deputación”.
DE COSTAS AOS CONCELLOS
O deputado popular incidiu en que “son uns orzamentos que non dan resposta ás necesidades da provincia, porque están feitos de costas aos concellos, aos alcaldes e aos colectivos”. Nesta liña, preguntou se Carmela Silva “coñece a nosa provincia, cales son os concellos e as súas parroquias, ou cales son as súas necesidades. Ela é máis de moqueta e alfombra que de pisar terra e carretera”, e recordou que hai alcaldesas e alcaldes da provincia, tamén do Baixo Miño, que a seis meses de cumprirse o mandato continúan sen ser recibidos por Carmela Silva.
SEN FEITOS
Para o deputado “estamos ante un goberno que se preocupa máis de anunciar cifras e intencións, que están máis pendente dos titulares e do postureo, que en xestionar e plasmalas en investimentos reais para os veciños da provincia”.
Así, denunciou que con este Goberno provincial os proxectos non saen adiante, e mostra delo é o nivel de execución do orzamento provincial. “Xa podemos adiantar que este ano máis da metade do orzamento quedará sen executar, mentres hai moitas demandas de concellos e de colectivos ás que non se están dando resposta”. Segundo sinalou, con data 15 de outubro tan só se levaba executado o 34% do orzamento. “Os recursos da Deputación están paralizados e non se poñen a disposición dos concellos e dos colectivos”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218