Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 09 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

XII Belén de Herville e Exposición de Beléns do Mundo

O  Belén de Herville é unha montaxe tradicional, feita a man na súa totalidade, que ocupa uns 85m2 e que ten unhas 300 figuras  de cerámica e resina.Cada ano varíanse as estructuras e incorpóranse novas pezas, polo que non deixa indiferentes aos visitantes que cada ano acuden a velo. Nel está reprentados diferentes momentos da vida da Virxen e San Xosé, como son: a anunciación, a voda de Xosé e María, a negativa que lles dan na pousada, e Nacemento de Xesús no portal de Belén. E coma sempre aparecen representados moitos dos oficios e mercados da época.

 
[Img #47675]
 
 
Este ano, coma novidade montaron en paralelo unha Exposición de Beléns do mundo. que conta con unhas 100 representacións traídas de 20 países: Bangladesh, Ghana, Venezuela, Holanda, Suiza, Hungría, Alemaña, Palestina, Filipinas, Vietnam, Israel Austria, Portugal, Xapón, Kenia, Perú, República Checa, Italia e España. Trátase dunha magnífica colección na que se poden ver  formatos e materiais de construcción moi variados, desde barro ou madeira até cristal ou metal, pasando por cerámica, pedra, papel, porcelana ou fibras vexetais. Conta con creacións moi singulares, como  poden ser o conxunto vietnamita feito en papel, os de Portugal tallados en cuarzo ou feitos empregando materiais tan diversos coma unhas pinzas da roupa ou uns parafusos, ou o de Ghana que está feito de fibras vexetais.
 
[Img #47673]
 
Esta colección é un interesantísimo documento etnográfico, antropolóxico, artístico e de intensa carga simbólica, que á súa vez reflicte a cultura propia dos lugares nos que cada peza foi creada.
 
 
Para visitar o Belén de Herville e a exposición de Beléns do Mundo, as persoas interesadas poden facelo ata o 13 de xaneiro de 2019 no Centro Cultural de Herville (Mos).
 
 

Horarios de visita:
  • De Luns a Venres dende 15:00h a 17:00h e de 19:30ha 22:00h.; 
  • Sábados dende 16:00h as 22:00h
  • Domingos dende 11:00h a 13:00h. e de 15:00h a 21:00h
  • Os dias 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro dende 16:30h a 21:00h

 

 
 
Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.