PROVINCIA
28 centros de Pontevedra incorporan o programa “Club de Ciencia”
Trátase dunha iniciativa da Consellería de Educación ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital 2020 co obxectivo de fomentar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre os estudantes
Un total de 28 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (19 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presente curso 2017-18 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- chega este curso a un total de 91 centros de Toda Galicia (44 centros da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26514.
Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.
Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 en 2 centros de Pontevedra.
Os Clubs desenvolveranse en 91 centros de toda Galicia, que recibirán unha achega de 1.500 euros para o desenvolvemento do proxecto
O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.
Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas
O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.
Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2018/19.
Esta acción enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, con dous obxectivos principais que son lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.
Listaxe de centros con `Club de Ciencia´de Pontevedra:
Centro
Concello
Curso 2016/17
Curso 2017/18
Curso 2018/19
CEIP Pl. De Carballedo
Cotobade
0
0
x
IES Ramón Mª Aller Ulloa
Lalín
0
0
x
CPI Mosteiro-Meis
Meis
x
x
x
IES Sánchez Cantón
Pontevedra
0
0
x
CEIP San Martiño
Pontevedra
0
0
x
CEIP Nosa Señora dos Remedios
Ponteareas
0
0
x
CEIP Pl. Outeiro das Penas
Redondela
0
0
x
CEIP de Reboreda
Redondela
0
0
x
CEIP Pl. A Florida
Sanxenxo
0
0
x
CEIP Pl. Nº 1 de Tui
Tui
0
0
x
IES Politécnico de Vigo
Vigo
0
x
x
IES Laxeiro
Lalín
0
0
x
CEP Pl Santa Tegra-Teis
Vigo
0
0
x
CEIP San Tomé
Cambados
0
0
x
CPI Aurelio Marcelino Rey García
Cuntis
x
x
x
CEIP García Barbón
Vigo
0
0
x
CEIP Espedregada
Poio
0
0
x
CEIP de Laredo
Redondela
0
x
x
CEP Carlos Casares
Salvaterra de Miño
0
x
x
IES A Xunqueira II
Pontevedra
0
x
x
IES Monte Carrasco
Cangas
0
0
x
CEIP de Barrantes
Tomiño
0
0
x
IES de Beade
Vigo
0
0
x
IES Primeiro de Marzo
Baiona
0
x
x
IES Illa San Simón
Redondela
0
0
x
IES Salvaterra do Miño
Salvaterra de Miño
0
x
x
IES Valadares
Vigo
0
0
x
CEE de Panxón
Nigrán
0
x
x
Un total de 28 centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (19 máis que o curso pasado) desenvolverán durante o presente curso 2017-18 o ‘Club de ciencia’, unha iniciativa da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado galego ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos posteriores nos campos de coñecemento do ámbito científico tecnolóxico.
Esta acción -que forma parte da Estratexia galega para a educación dixital, Edudixital 2020- chega este curso a un total de 91 centros de Toda Galicia (44 centros da Coruña, 10 de Lugo, 9 de Ourense e 28 de Pontevedra), tal como queda recollido na resolución definitiva que pode consultarse no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26514.
Os clubs, para os cales a Consellería destina 1.500 euros para cada centro, nacen como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses e resolver problemas.
Este é o terceiro ano consecutivo que se pon en marcha esta iniciativa, que arrancou como experiencia piloto no curso 2016/17 en 2 centros de Pontevedra.
Os Clubs desenvolveranse en 91 centros de toda Galicia, que recibirán unha achega de 1.500 euros para o desenvolvemento do proxecto
O obxectivo da mesma pasa por fomentar o espírito científico e a curiosidade do alumnado, o que favorece, en consecuencia, o traballo das áreas denominadas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), unha das prioridades da Consellería de cara aos próximos anos.
Aprendizaxe mediante indagación e resolución de problemas
O ‘Club de ciencia’ defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación, onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas aos alumnos e alumnas co obxecto de que estes podan dar resposta ás súas curiosidades e aos seus intereses, así como resolver problemas.
Neste sentido, a creación deste espazo no centro pode converterse nun escenario propicio para desenvolver estratexias metodolóxicas que promovan capacidades, coñecementos e técnicas que aumenten o interese dos participantes por saber, cada vez máis, sobre diversos campos da ciencia e as súas posibilidades de aplicación na tecnoloxía.
O proxecto ten que desenvolverse fóra do horario lectivo e nos espazos que se consideren ou habiliten do centro docente. Este horario deberá cumprir, como mínimo, unha media de catro horas ao mes, comezando a partir da concesión definitiva do proxecto, ata final do período lectivo do alumnado durante o curso 2018/19.
Esta acción enmárcase na Estratexia galega para a educación dixital 2020, Edudixital, con dous obxectivos principais que son lograr que todo o alumnado de ensino obrigatorio teña formación en robótica e programación no curso 2020/21 co fin de que, ao finalizar os estudos, acade un nivel adecuado de competencia dixital e científico-tecnolóxica. Por outro lado, tamén se pretende romper coa fenda de xénero nos estudos STEM.
Listaxe de centros con `Club de Ciencia´de Pontevedra:
|
Centro |
Concello |
Curso 2016/17 |
Curso 2017/18 |
Curso 2018/19 |
|
CEIP Pl. De Carballedo |
Cotobade |
0 |
0 |
x |
|
IES Ramón Mª Aller Ulloa |
Lalín |
0 |
0 |
x |
|
CPI Mosteiro-Meis |
Meis |
x |
x |
x |
|
IES Sánchez Cantón |
Pontevedra |
0 |
0 |
x |
|
CEIP San Martiño |
Pontevedra |
0 |
0 |
x |
|
CEIP Nosa Señora dos Remedios |
Ponteareas |
0 |
0 |
x |
|
CEIP Pl. Outeiro das Penas |
Redondela |
0 |
0 |
x |
|
CEIP de Reboreda |
Redondela |
0 |
0 |
x |
|
CEIP Pl. A Florida |
Sanxenxo |
0 |
0 |
x |
|
CEIP Pl. Nº 1 de Tui |
Tui |
0 |
0 |
x |
|
IES Politécnico de Vigo |
Vigo |
0 |
x |
x |
|
IES Laxeiro |
Lalín |
0 |
0 |
x |
|
CEP Pl Santa Tegra-Teis |
Vigo |
0 |
0 |
x |
|
CEIP San Tomé |
Cambados |
0 |
0 |
x |
|
CPI Aurelio Marcelino Rey García |
Cuntis |
x |
x |
x |
|
CEIP García Barbón |
Vigo |
0 |
0 |
x |
|
CEIP Espedregada |
Poio |
0 |
0 |
x |
|
CEIP de Laredo |
Redondela |
0 |
x |
x |
|
CEP Carlos Casares |
Salvaterra de Miño |
0 |
x |
x |
|
IES A Xunqueira II |
Pontevedra |
0 |
x |
x |
|
IES Monte Carrasco |
Cangas |
0 |
0 |
x |
|
CEIP de Barrantes |
Tomiño |
0 |
0 |
x |
|
IES de Beade |
Vigo |
0 |
0 |
x |
|
IES Primeiro de Marzo |
Baiona |
0 |
x |
x |
|
IES Illa San Simón |
Redondela |
0 |
0 |
x |
|
IES Salvaterra do Miño |
Salvaterra de Miño |
0 |
x |
x |
|
IES Valadares |
Vigo |
0 |
0 |
x |
|
CEE de Panxón |
Nigrán |
0 |
x |
x |



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218