Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 09 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

O Obradoiro de Emprego “Mos Rehabilita II” forma a 20 desempregados

A Xunta de Galicia subvenciona este taller de 9 meses de duración con preto de 300.000 euros

Esta semana celebrouse a presentación do Obradoiro Municipal de Emprego “Mos Rehabilita II”, no salón de actos da Axencia de Colocación de Mos contando coa asistencia de Ignacio López-Chaves, delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Óscar Soto, concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Novas Tecnoloxías, os integrantes do equipo de dirección e docente do Obradoiro Mos Rehabilita (un total de 5 persoas) e os 20 lumnos/as-traballadores/as do Obradoiro “Mos Rehabilita II”.

 

O delegado territorial, Ignacio López-Chaves, animou ao alumnado a “aproveitar a oportunidade de formarse e acceder a un traballo”. Deulles a benvida aos 20 alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación no “Mos Rehabilita II”, o Obradoiro de Emprego promovido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello mosense.

 

Ademais o representante autonómico puxo en valor o ambicioso obxectivo da carteira autonómica con esta nova programación de obradoiros, 105 na convocatoria 2018-2019. López-Chaves animou ao alumnado destes talleres a “aproveitar ao máximo a oportunidade que se lles brinda e formarse para acceder a un posto de traballo” e especial fincapé fixo no esforzo inversor do Goberno galego a prol do fomento do emprego.

 

Respecto a esta nova edición do Mos Rehabilita, destacar que entre as propostas a levar a cabo durante o mesmo, figuran a restauración de muíños e lavadoiros e a recuperación de zonas forestais degradadas, así como o mantemento de zonas verdes.   

 

O grupo de forestal-xardinería actuará no Parque Empresarial PEMOS Veigadaña, Costoias, Camiño de Santiago, Paseo do Louro, Parque de Queirón en Louredo, Parque da Pateira en Mos, na Rans-Tameiga, Enxertado-Louredo, no entorno do Colexio de Atín e en diversos outros parques e zonas verdes de titularidade municipal para realizar tarefas de repoboación, corrección hidrolóxica, mantemento e construción de zonas degradadas, roza e mantemento de camiños forestais, poda e clareo.

 

Pola súa banda o grupo de albanelería centrarase en reformar e/ou mellorar fontes e lavadoiros do municipio, así como o edificio do Centro Cultural San Martín de Tameiga en Costoias; e de manter e conservar as fontes e lavadoiros xa rehabilitados na primeira edición de Mos Rehabilita.

 

O Obradoiro  “Mos rehabilita II”, terá unha duración de 9 meses e para a súa realización o Concello solicitou unha axuda de 288.807 euros, concedida pola administración autonómica. Este taller vai destinado a un total de 20 alumnos-traballadores e conta con dúas especialidades: albanelería e forestal-xardinería.

 

Tanto a especialidade de forestal-xardinería con 10 alumnos/as-traballadores/as (3 mulleres e 7 homes) como a de albanelería con outros 10 alumnos/as-traballadores/as (5 mulleres e 5 homes) formaraos en materias complementarias tan diversas como sensibilización ambiental, alfabetización informática, técnicas de busca de emprego e de creación de empresas, formación para a igualdade e prevención de riscos laborais.

 

Novidades dos obradoiros duais

Ata o de agora, os obradoiros de emprego ofrecían ás persoas sen traballo cualificación e un contrato de aprendizaxe durante 9 meses. Agora, ademais, a Xunta apoiará a contratación, como mínimo de 3 meses e a xornada completa, nunha empresa, onde os alumnos e alumnas do obradoiro poderán realizar as súas prácticas. A actuación do Goberno galego combina, polo tanto, a formación co desenvolvemento dun traballo efectivo, xa que as persoas beneficiarias disporán dun contrato de traballo e percibirán un salario durante a súa participación nesta actividade.

 

Outra das novidades desta convocatoria de axudas é que puideron concorrer ás mesmas non só os concellos (entre os que se deu prioridade aos concellos emprendedores como Redondela e Mos no caso da área de Vigo), asociacións de entidades locais e mancomunidades, senón tamén entidades sen ánimo de lucro do sector forestal constituídas e rexistradas como asociacións. Así mesmo, a través da participación neste programa, os alumnos e alumnas seguirán recibindo, ao remate da formación, un certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.