Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 10:40:25 horas

Xornal21.es
Jueves, 13 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP presenta o vindeiro sábado 15 de decembro ao seu candidato á alcaldía de Ponteareas

Logo da última xuntanza mantida, o comité executivo de Alternativa Ciudadana de Ponteareas ACiP ven de aceptar a proposta de candidato á alcaldía da vila designada pola xunta directiva desta formación.

 

Unha candidatura que "trata de reflectir o sentir de afiliados e dos simpatizantes máis achegados a este grupo político, formada por un equipo xove pero con ampla experiencia na vida política municipal e que tentará o seu obxectivo de acadar a alcaldía da vila e de traballar por un presente e un futuro mellores para Ponteareas e os seus veciños".

 

A presentación do candidato terá lugar o vindeiro sábado 15 de decembro ás 19:30 horas nas instalacións do Centro Artístico Sportivo.

 

“Será un acto dirixido á cidadanía; a todos aqueles que desexen acompañarnos no camiño de endereitar o rumbo deste concello. Un acto no que tamén aproveitaremos para compartir os desexos de paz e felicidade destas datas tan entrañables”, anunciou a xunta directiva de ACiP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.