VIGO
A Xunta licita as obras de eliminación dos tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, en Vigo
Esta actuación ten un prazo de presentación de ofertas que finaliza o 7 de xaneiro
A consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de licitar as obras de mellora da seguridade viaria na estrada PO-552, no Concello de Vigo, por un investimento de máis dun millón de euros.
Esta actuación ten un prazo de presentación de ofertas que finaliza o vindeiro 7 de xaneiro.
A intervención ten por obxecto mellorar a seguridade viaria nun treito de 4,5 km da estrada autonómica PO-552, entre a intersección coas estradas de Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia, no municipio olívico.
As obras previstas comprenden a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.
As tarefas inclúen a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300.
Os traballos prevén a transformación de varias interseccións en glorietas, a mellora de beirarrúas, pasos de peóns e paradas de bus
Tamén se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, e outra no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.
Intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 m anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.
Esta iniciativa está enmarcada na estratexia do Goberno galego para ter eliminados en 2020 todos os treitos de concentración de accidentes nas estradas autonómicas. Na área de Vigo, execútanse 12 obras para suprimir os 18 puntos negros, cun investimento duns 5,5 M€.
En paralelo, a Xunta tamén fomenta a mobilidade sostible en Vigo e na súa contorna a través do Plan de sendas na comarca, á que destina arredor de 6 M€ nun total de 11 itinerarios nunha zona caracterizada pola súa alta densidade de poboación.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180