Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Martes, 11 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva confirma unha “espectacular” ocupación hoteleira do 64% durante a ponte de decembro, 14 puntos máis que o ano pasado

“Levamos dous anos detectando unha tendencia de cambio na percepción de Galicia e das Rías Baixas, incrementándose o crecemento de visitantes en ata seis puntos durante as pontes ao longo do ano”

A presidenta da Deputación de Pontevedra confirmou esta mañá os datos turísticos “espectaculares” rexistrados na pasada ponte de decembro. Segundo Silva, estes resultados seguen a tendencia que se está a rexistrar nos últimos dous anos relativos “ao cambio na percepción de Galicia e das Rías Baixas como destino unicamente estival, incrementándose o crecemento de visitantes en ata seis puntos durante as pontes do ano”. Máis polo miúdo, na ponte de decembro a ocupación hoteleira media na provincia de Pontevedra foi do 64%, ata 14 puntos por riba do acadado na mesma ponte do 2017.

 

[Img #47850]

 

Carmela Silva detallou os datos de ocupación hoteleira por comarcas, asegurando que a de Vigo acadou ata un 95% chegando ao 100% na cidade, “algo que foi cualificado polos propios hostaleiros e hostaleiras como resultados históricos nunha ponte que ata o de agora se consideraba temporada baixa”.  Pola súa banda a comarca de Caldas rexistrou unha ocupación do 92%, O Salnés do 68%, Pontevedra do 65%, as comarcas do Condado e da Paradanta acadaron o 60%, as de Deza e Terra de Montes o 51%, a comarca do Baixo Miño o 46% e O Morrazo o 34%.

 

En canto ao turismo rural, a presidenta provincial tamén enxalzou os resultados que, durante a ponte, acadaron de media na provincia de  Pontevedra un 40%, 5 puntos máis que na mesma ponte do 2017.  No que respecta ás vivendas turísticas a ocupación foi do 100% nos destinos de Vigo e Sanxenxo, motivado polo alumeado de Nadal e pola Lanzada Ocean Race respectivamente, e no resto da provincia do 35%. Amais, o castelo de Soutomaior foi visitado por preto de 300 persoas durante a ponte, datos similares ao castelo de Sobroso que rexistrou ata 290 visitantes.

 

Datos de ocupación hoteleira en novembro

Xunto aos datos da pasada ponte de decembro, a presidenta provincial aproveitou para facer balance do mes de novembro que acadou unha ocupación media provincial do 50%, similar á do ano pasado. Carmela Silva adiantou que Caldas obtivo unha ocupación do 76% e Vigo do 62%. Pola súa banda O Salnés superou o 57% e Pontevedra o 52%. As comarcas do Deza e Terra de Montes acadaron o 48% e as do Condado e A Paradanta o 37%. Finalmente a comarca do Baixo Miño superou o 22% e a do Morrazo o 20%.

 

 

 

 

Durante o mes de novembro rexistrouse unha ocupación hoteleira do 50% e o Castelo de Soutomaior incrementou nun 80% a afluencia de visitantes. Pola súa banda a exposición “Galaicos: un pobo entre dous mundos” foi visitada no MAN por máis de 6.200 persoas

 

 

 

 

En canto ao turismo rural, a presidenta da Deputación enxalzou que “este ano estamos a detectar un incremento destacable en aloxamentos rurais, ata o punto de que en novembro, cunha ocupación do 20,12% o aumento foi de case 9 puntos con respecto ao mesmo mes do ano pasado”.

 

Ao respecto do perfil das persoas que visitaron a provincia de Pontevedra durante novembro, Carmela Silva informou que foron principalmente españolas (87%) e procedentes de Madrid, Barcelona, Lanzarote, Baleares e Alacante. No caso das estranxeiras (13%) proviñeron de Alemaña, Portugal, Arxentina, Francia e Reino Unido. A porcentaxe maioritaria de todas elas tiña entre 35 e 60 anos (50%), aloxáronse en hoteis (48%) entre 4 e 6 días e chegaron ata a provincia motivadas pola cultura (46%). Amais, a presidenta destacou que o 53% das persoas que visitaron en novembro a provincia de Pontevedra non a coñecían.

 

Visitas ao Castelo de Soutomaior e á exposición “Galaicos: un pobo entre dous mundos” no MAN

A presidenta da Deputación tamén fixo balance dos visitantes rexistrados no Castelo de Soutomaior durante o pasado mes de novembro. “Nin máis nin menos que 1.156 persoas achegáronse ata o castelo en novembro, 514 persoas máis que no mesmo mes do ano 2017, o que supón un incremento do 80% no número de visitantes”, destacou Silva.

 

Sobre a exposición “Galaicos: un pobo entre dous mundos” no Museo Arqueológico Nacional de Madrid, que se inaugurou a finais de outubro e estará na capital do Estado ata o mes de febreiro, rexistrouse xa a visita de máis de 6.217 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.