Miércoles, 11 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 12 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva insta a tomar medidas para loitar contra o retroceso do número de mozas matriculadas nas carreiras Stem

Na presentación da campaña “Xogar sen fendas” a presidenta provincial alertou que “corremos o risco de que os homes teñan o 75% do poder porque as carreiras tecnolóxicas van a estar no fondo da toma de decisións e da creación de emprego”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, amosou hoxe na presentación da campaña do xoguete igualitario “Xogar sen fendas”, a súa “enorme preocupación” polo retroceso que se está a producir nas matrículas das mulleres en carreiras relacionadas coas tecnoloxías. “Pese a que a nosa presenza na universidade é do 58%, as mulleres soamente representamos o 25% das persoas matriculadas en enxeñería ou arquitectura, fronte ao 71% de Ciencias Socias e ao 60% en Ciencias da Saúde”.

 

[Img #47823]Silva destacou que en Galicia dende o curso 2004-2005 a presenza das mulleres en carreiras tecnolóxicas estase a reducir en 12 puntos e “isto débese en parte a que, segundo o informe PISA, soamente o 7% das nenas de 15 anos pensa realizar estudos STEM”. Neste eido, a presidenta da institución provincial asegurou que nalgunhas titulacións esta porcentaxe non supera o 12% e, ademais, tan só o 26% das mulleres traballan en empresas tecnolóxicas. Así é que o número de mulleres matriculadas en carreiras como enxeñería Mecánica ou Telecomunicación non supera o 10%. Pola súa banda, no que respecta aos estudos de máster en carreiras STEM, soamente hai 28 mulleres matriculadas por cada 100 homes.

 

Neste eido, Carmela Silva insistiu na importancia de campañas como a posta en marcha este ano pola Deputación de Pontevedra “Xogar sen fendas”, que ten como obxectivo rachar coas etiquetas e cos estereotipos dende o berce na relación das nenas coa ciencia, e desta maneira “visibilizar que as mulleres tamén podemos ser científicas, astronautas, técnicas en robótica ou aeronáutica ou o que nos propoñamos”. Este é o cuarto ano consecutivo que a institución provincial impulsa esta campaña para a promoción da adquisición e uso de xogos e xoguetes igualitarios a través de creatividades gráficas en medios impresos, cuñas e ata un vídeo, ademais dunha colección de libros de contos.

 

 

 

 

“As mulleres somos o 58% na universidade pero só representamos o 25% das persoas matriculadas nas enxeñerías, a informática ou a arquitectura. E cada ano vai a menos”

 

 

 

 

Silva subliñou que é necesario unha aporta moi seria das administracións para fomentar que as nenas e mozas se formen neste eido, xa que “se non o facemos corremos o grave perigo de que os homes terán o 75% da representación do poder, xa que estas carreiras van a estar no fondo da toma de decisións tecnolóxicas, políticas, sociais e culturais”. De feito, “segundo avanza a dixitalización parece claro que un importante número de postos de traballo que se van crear requiren coñecemento en enxeñaría e matemáticas, e que serán os postos mellor remunerados e de maior prestixio social”.

 

A presidenta da Deputación tamén quixo facer un chamamento para que as demais administracións tomen medidas para apostar pola formación en materia de igualdade de xénero e loitar contra os estereotipos “que son os causantes de que as mulleres non se sumen ás carreiras tecnolóxicas”. “Fronte a estes datos, na institución provincial estamos moi preocupados e preocupadas e espero que as demais administracións estean igual de preocupadas e tomen medidas para resolver este problema”, engadiu.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.