Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 12 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo acusa a Caballero de “mintir” falando de “anexión, usurpación e ilegalidade”

O Concello de Mos asegura que "puxo en marcha en xuño un procedemento administrativo mediante Comisión de Deslinde para aclarar os límites xeográficos con Vigo no Polígono do Rebullón"

 

En resposta ás declaracións do alcalde de Vigo, Abel Caballero, o Concello de Mos, representado pola súa alcaldesa, Nidia Arévalo, expón que: "en primeiro lugar o Concello de Mos non se anexiona nada, simplemente convoca unha comisión de deslinde para dirimir a pertenza de 55.000 metros cadrados (que non 50.000) do Polígono Industrial do Rebullón que históricamente, dende o ano 1890, se consideran de Mos pero que o Instituto Geográfico Nacional, IGN, establece como Vigo en 2007 ante a desaparición dun marco".

 

En segundo lugar -explican- "non existe ningunha 'manifiesta ilegalidad' como di Caballero, tan só existe por parte do Concello de Mos a vontade de emprender un trámite administrativo (que non un litixio, aínda que visto a actitude do alcalde de Vigo probablemente chegará a selo) para deslindar a zona obxecto de estudo".

 

O Concello de Mos asegura que notificoulle "o pasado xullo ao de Vigo a constitución en Pleno e membros integrantes da Comisión de Deslinde mosense a que o Concello de Vigo realizase o mesmo trámite e poder convocar a primeira xuntanza in situ de ambas partes e iniciar o proceso de deslinde. A resposta do Concello de Vigo nunca se produciu e hoxe, cinco meses despois, o seu alcalde invéntase que o de Mos anexionouse a superficie obxecto de debate".

 

Mos remitiulle tamén "en xullo a Vigo o informe pericial que xustifica o inicio do expediente de deslinde  e que argumenta técnicamente a corrección dos lindes datados de 1890 e o erro da liña marcada en 2007 polo IGN ao obviar un marco ".

 

O Concello de Mos explica que rexiuse "pola liña de deslinde con Vigo establecida polo IGN para que a Xunta de Galicia autorizase aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal, pero ante a demanda dun empresario do Polígono do Rebullón que co novo Plan Xeral de Mos queda fóra do termo municipal mosense e pasa a pertencer a Vigo, -pero que quere seguir pertencendo a Mos-, a administración local mosense inicia o trámite administrativo de deslinde necesario para que no PXOM prevaleza o límite histórico de 1890 con Vigo e non o do IGN".

 

Dende sempre, explican dende o Concello de Mos, "cobra o IBI das naves situadas na zona obxecto de deslinde do Polígono do Rebullón porque lles ofrece servizos públicos, que nunca correron a cargo do Concello de Vigo nin nunca o Concello de Vigo se interesou en asumir ditos servizos. Así como nunca se preocupou de reclamarlle a Mos eses ingresos do IBI, nin tomou a iniciativa de convocar unha Comisión de Deslinde para aclarar a verdadeira ubicación das mesmas".

 

Por todo elo a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, lamenta que “o alcalde de Vigo se dedique a mentir sobre o Concello de Mos nunha pataleta política motivada pola súa incapacidade e nefasta xestión noutras cuestións”.

 

“Eu actúo segundo as obrigas do meu cargo e busco solucións de inmediato ante unha liña de deslinde que marca o IGN e coa que Mos non está dacordo, se Caballero fixese o mesmo en vez de adicarse ó populismo, este tema estaría solucionado fai anos, ou agora estaríamos ambos concellos traballando conxuntamente para solucionalo”.

 

Arévalo remata aclarando que “ninguén se está intentando apropiar de nada porque eses terreos aparecen como Vigo no Plan Xeral e agora o que pretendemos é esclarecer se efectivamente son de Vigo, como marca o IGN, ou de Mos, como está demostrado históricamente, para eso se convoca a Comisión de Deslinde, nada máis. Non hai ningunha anexión, nin apropiación, nin moito menos ilegalidade; todo o contrario: o que hai é vontade de esclarecer mediante un trámite admistrativo totalmente legal”.

 

“Apelo á seriedade, non se pode mentir dese xeito sobre un Concello veciño, é algo gravísimo”, concluiu á alcaldesa de Mos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.