VIGO
O sector do taxi permitirá que os maiores vexan a iluminación da cidade
Os taxistas vigueses trasladarán o próximo xoves día 20 a máis de 180 maiores das súas residencias ata o centro da cidade para que poidan gozar do alumeado de Nadal
Abel Caballero presentou este mércores a iniciativa dos taxistas vigueses para facer posible que os maiores que viven en residencias poidan ver a decoración navideña nas rúas do centro da cidade. "Queremos que as goce todo Vigo", xa que son "un motivo de admiración e atracción de xente" non soamente de vigueses, senón tamén de outros lugares de Galicia, España e Europa.
O vindeiro xoves 20 de decembro, entre as 18 e as 20 horas da tarde, máis de 180 persoas maiores que viven en residencias de Vigo e dos arredores serán trasladadas ao centro polos taxistas. Participarán 52 vehículos (7 eurotaxis, 5 vehículos de 7 prazas e 40 taxis) para facelo posible.
O alcalde recoñeceu o "traballo excepcional" do sector do taxi na cidade e transmitiulles a satisfacción cidadá con este servizo tan importante que "tanto vertebra e tan ben desenvolvedes na cidade," poñendo en valor esta acción que realizan nesta época do ano. Pola súa parte, Manuel Chorén, presidente de Radio Taxi, explicou que este ano dobran o número de taxistas participantes para poder traer a máis persoas a gozar da iluminación no que describiu como "un acto moi bonito ao ver aos maiores contentos".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180