Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 14 de Diciembre de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Os escolares de Mos aprenden a cociñar doces saudables para o Nadal

O Concello promove a alimentación sá entre os cativos do municipio cun obradoiro de cociña nos colexios

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Educación mosense, Camilo Augusto, compartiron con alumnos/as de 3º de Primaria do CEIP de Petelos un obradorio de cociña promovido polo Concello de Mos no que os cativos/as participantes recibiron consellos sobre cociña e alimentación saudable.

 

Con este taller preténdese transmitir aos/ás nenos/as, e indirectamente ás súas familias, receitas saudables. Ademais de ensinarlles a cociñalas para que poidan facelas cos seus pais e nais na casa, incrementando un coñecemento nos máis pequenos sobre estilos de vida saudable e saberes culinarios.

 

Aprovéitase deste xeito por parte do Concello o mes de decembro e a aproximación ás festas de Nadal para realizar un obradoiro de cociña típica destas datas.

 

Os obxectivos desta iniciativa son promover unha alimentación saudable a través de elaboracións sinxelas de cociña, espertar o interese pola cociña para poder desenrolar distintos aprendizaxes, aplicar coñecementos matemáticos e lingüísticos para a elaboración de receitas, desenrolar os diferentes sentidos para facer un prato típico do Nadal, promocionar unha alimentación saudable, promocionar o interese pola cociña e a alimentación sa nos cativos, aplicar dos coñecementos de medida e peso e o uso da lingua para elaborar unha receita e aprender a utilizar tódolos sentidos para cociñar, vista, tacto, cheiro e gusto.


“Esta actividade está dirixida ao alumnado de 3º de Educación Primaria xa que consideramos que é necesario que aprendan, dende cativos, bos hábitos de alimentación e xa teñen unha idade para axudar as súas familias e elaborar receitas sinxelas”, explicou o concelleiro de Educación, Camilo Augusto.

 

O curso de cociña lévase a cabo nunha sesión onde o alumnado elabora un doce típico do Nadal. Explícase a importancia de levar unha alimentación sa, alimentos que debemos consumir máis e cales menos e que tamén pódense consumir doces, pero son máis sas se os facemos nós na casa. Unha vez chegados a este punto, preparan os diferentes ingredientes e van seguindo a receita para a elaboración do prato.


A actividade impartiuse do 10 ao 13 de decembro nos colexios de Mestre Martínez Alonso de Castro-Mos, Pena de Francia, Petelos e Atín-Cela, entre o alumnado de 3º curso de Educación Primaria.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.